Empregamos cookies propias e de terceiros con fins publicitarios para mellorar a túa experiencia de usuario. Se continúas, consideraremos que coñeces a nosa Política de Cookies e que estás de acordo co seu emprego.
Aceptar.
Saltar al contenido
Día mundial del medio ambiente

Repsol e o IES De Pastoriza premian aos alumnos polo seu labor de limpieza e reciclaxe nas aulas

  • Ambas as entidades promoveron ao longo deste curso a quinta edición do seu proxecto ambiental no que participaron 90 alumnos do instituto arteixán.
  • O alumnado tamén realizou a plantación dun castiñeiro nos xardíns do centro educativo.
Nota de Prensa
PDF 47 KB Descargar documento
Alumnos del IES De Pastoriza realizando la plantada conjunta en colaboración con Repsol

A subdirectora de Persoas e Organización da Refinería da Coruña, Dácil Suárez, e o director do IES A Pastoriza, Javier Cal, entregaron esta mañá no centro educativo os premios do concurso de limpeza e reciclaxe nas aulas do curso 2018-2019.

Ambas as entidades promoveron ao longo deste curso a quinta edición deste Plan no que participaron 90 alumnos do instituto arteixán, que puideron desenvolver a súa creatividade, capacidade de traballo en equipo e respecto ao medio ambiente. Esta colaboración entre ambas as entidades atópase dentro do compromiso do complexo industrial coa contorna máis próxima onde Repsol desenvolve a súa actividade.

Os galardóns, divididos en tres categorías, foron outorgados a 1º E.S.O. A por a Aula Máis Limpa, 1º E.S.O. D pola Aula en Mellor Estado de Conservación, e 1º E.S.O B pola Aula Máis Ordenada.

O Plan de Limpeza 2018-2019

Esta iniciativa ten como obxecto concienciar ao alumnado da importancia e necesidade de ter unha contorna limpa, sensibilizar á comunidade educativa da cantidade de residuos que se xeran nun centro, tomar conciencia de que os residuos poden ser reutilizados a través de novos hábitos de consumo e de impacto ambiental e potenciar a idea de que pequenas accións provocan grandes camEste plan desenvolveuse en dous ámbitos: as patrullas de limpeza formadas por alumnos voluntarios encargados de fomentar e comunicar durante os recreos condutas correctas de limpeza nas instalacións, e o concurso de limpeza e reciclaxe nas aulas no que participaron todos os alumnos do centro que se responsabilizaron do estado de conservación das clases e do desenvolvemento de propostas de melloras.

Plantación conxunta

A continuación da entrega de premios os alumnos do centro realizaron a plantación dun castiñeiro nos xardíns do instituto. Desde hoxe este exemplar autóctono súmase aos plantados en anos anteriores: dous liquidámbares americanos e outro castiñeiro.