Saltar al contenido

Repsol inicia o expediente expropiatorio para a construción do poliducto

  • A compañía presentou a solicitude de inicio do expediente expropiatorio dos terreos nos que se construirá o novo poliducto.
  • Quedan varias fases do procedemento administrativo antes de convocar aos propietarios ao levantamento das actas previas.
  • Repsol reitera a súa intención de chegar a un acordo cos propietarios das leiras polas que discorre o trazado do poliducto.
PDF 110 KB Descargar documento
Vista aérea del Puerto Exterior de Punta Langosteira
Repsol solicitou formalmente a apertura do expediente expropiatorio do proxecto do  poliducto e das instalacións auxiliares que conectarán a refinería da Coruña co Porto Exterior de Punta Langosteira. Este novo paso administrativo supón o inicio do expediente expropiatorio, requisito previo para o inicio das obras de construción do  poliducto.
O seguinte trámite administrativo será realizado pola Consellería de Industria, que como órgano substantivo, deberá aprobar o inicio do expediente e abrir un período de información  pública. 
Unha vez finalizado o trámite de exposición pública, a Administración procederá a declarar o expediente de urxente ocupación e convocarase aos propietarios ao levantamento das actas previas nos Concellos da Coruña e Arteixo. Nestas reunións cos propietarios procederase á determinación do valor dos bens e dereitos afectados, e ao ofrecemento de pago.
Repsol ten a intención de chegar a un acordo cos propietarios das fincas polas que discorre o trazado do  poliducto.
Este novo fito súmase aos xa completados –declaración de impacto ambiental, aprobación do proxecto e declaración utilidade pública–, e permitirá á compañía seguir avanzando no proceso de traslado ao Porto Exterior.
No marco do proxecto de traslado ao Porto Exterior, a construción do  poliducto leva un orzamento de 80 millóns de euros, que sumados á construción do pantalán e ao resto de obras do proxecto, supoñerá un investimento total de 126 millóns de euros.