Saltar al contenido

Repsol muestra as súas propostas enerxéticas na II Feira da Enerxía de Galicia

  • Na segunda edición da Feira da Enerxía de Galicia, Repsol amplía a súa oferta cunha caseta de máis de 80 m2 con realidade virtual, charlas informativas e diversas actividades.
  • Repsol da a coñecer nesta Feira as diferentes propostas enerxéticas da compañía, cunha oferta divulgativa, formativa e de entretemento.
  • A compañía comparte coa sociedade galega as súas solucións enerxéticas para calefacción e mobilidade, con diversas charlas informativas.
  • Fundación Repsol está a desenvolver os Talleres Aprendenerxía, unha actividade enfocada aos alumnos de primaria e secundaria dos colexios da comarca de Deza.
PDF 100 KB Descargar documento
Asistente a los talleres de Repsol en la II Feira da Enercía de Galicia

O director da refinería da Coruña, Javier Sancho, xunto a representantes das distintas liñas de negocio de Repsol, asistiron este mediodía en Silleda ao acto inaugural da Feira da Enexía de Galicia

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Industria, Francisco Conde, foron os encargados de inaugurar esta segunda edición que congregará desde hoxe, 22 de marzo, ata o vindeiro sábado, 24 de marzo, ás máis importantes empresas do sector enerxético.

Ademais, Repsol tamén participou nesta xornada inaugural impartindo dúas charlas informativas, dentro do ciclo de conferencias organizadas polo Inega (Instituto Enerxético de Galicia).

O xefe de Xestión Técnica de Proxectos e Mantemento de Repsol en Galicia e o Principado de Asturias, José Ramón Prieto, explicou aos asistentes as solucións enerxéticas para a optimización do uso da enerxía nos sistemas de calefacción, refrixeración, restauración, procesos industriais, etc. de cada cliente, mediante a procura de aforros a través de solucións de alta eficiencia con equipos a GLP (Gas Licuado do Petróleo). Pola súa banda, o xefe de Desenvolvemento de Mercado de Repsol en Galicia e o Principado de Asturias, Fernando López das Heras, impartiu a charla sobre o AutoGas, unha alternativa real e económica para a mobilidade que conta con máis de 550 estacións de servizo en toda España, das que 42 están en Galicia, coa que expuxo a descrición do produto, os beneficios económicos e ecolóxicos, a súa normativa e os seus posibles usos.

Repsol na Feira da Enexía de Galicia

Tras o éxito de visitas que obtivo a caseta de Repsol na pasada edición - preto de 2.000 persoas - a compañía amplía este ano a súa oferta para que profesionais e consumidores poidan coñecer de primeira man as súas diferentes propostas enerxéticas e participar na súa oferta divulgativa, formativa e de entretemento.

Por iso, Repsol aposta por unha caseta de máis de 80 m2 que conta cun espazo para a realidade virtual, as charlas informativas sobre BiEnergy E+10 -a proposta de Repsol para a enerxía segura no fogar-, un coche Opel de AutoGas en exposición e diferentes propostas de entretemento.

Ademais os asistentes poden gozar da condución dun coche de AutoGas no circuíto de probas do recinto, e coñecer o funcionamento dun tracto camión dual fuel Gasóleo / AutoGas demo e unha carretilla elevadora a AutoGas. O AutoGas, mestura de propano e butano, ofrece idénticas prestacións que os carburantes tradicionais, pero ademais reduce as emisións case por completo, o que o converte nunha solución ecolóxica para o transporte que xa está a disposición dos usuarios.

Talleres Aprendenerxía

Os máis pequenos teñen tamén o seu espazo, xa que Fundación Repsol está a desenvolver os Talleres Aprendenerxía, unha actividade enfocada aos alumnos de primaria e secundaria dos colexios da comarca de Deza. Con esta actividade os escolares poden achegarse dunha maneira divertida ao mundo da enerxía e coñecer a importancia de facer un uso responsable dos recursos enerxéticos.