Saltar al contenido

O ano pasado participaron máis de 2.000 persoas Repsol patrocina a XXI Carreira Popular de Arteixo

  • O alcalde de Arteixo, Carlos  Calvelo presentou esta mañá a  XXI edición desta proba deportiva, que terá lugar o vindeiro martes 1 de maio.
  • Javier  Sancho, director da Refinería da Coruña, destacou que esta iniciativa encaixa nos obxectivos de fomento do deporte e colaboración coa sociedade que promove a compañía.
  • La Carreira Popular de Arteixo, conta cun percorrido de máis de 12 quilómetros, distribuído en tramos segundo a categoría.
PDF 111 KB Descargar documento
El alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, acompañado por la  concejala de Deportes, Purificación Zas; Javier Sancho,  director de la Refinería Repsol de A Coruña  y el presidente del Club de Atletismo de Arteixo, José Carlos Tuñas
A Refinería de Repsol na Coruña patrocina por sétimo ano consecutivo a Carreira Popular de Arteixo, dentro do compromiso que mantén coa súa contorna veciñal e o deporte. 
O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, presentou esta mañá no Palacio dos Deportes a XXI edición desta carreira, acompañado pola concelleira de Deportes, Purificación Zas; Javier Sancho, director da Refinería Repsol da Coruña e o presidente do Club de Atletismo de Arteixo, José Carlos Tuñas. Esta noite termina o prazo de inscrición na carreira con máis de 1.600 inscricións ata o momento. 
Javier Sancho, director do Complexo Industrial, destacou na súa intervención a importancia que esta iniciativa ten para a compañía, “porque responde claramente aos nosos principios de inclusión e de fomento do deporte, unha iniciativa popular que permite a todos os veciños de Arteixo –e a todos aqueles que se achegan desde outros municipios- gozar dunha xornada de deporte ao aire libre, e enriquece a contorna”.

A Carreira Popular de Arteixo

A Carreira Popular de Arteixo, que terá lugar o vindeiro martes 1 de maio, é totalmente gratuíta e conta cun percorrido total de case 12 quilómetros, distribuído en tramos segundo a categoría. 

Este ano, a proba comezará na Avenida Arsenio Igrexas e percorrerá parte do territorio arteixán combinando unha primeira parte de percorrido pola contorna urbana para penetrarse a partir do Paseo Fluvial nunha contorna natural que cambiará de sentido no lugar de O Foxo para chegar á meta no mesmo punto de saída. Os horarios segundo as categorías distribuiranse da seguinte forma:

Horarios:
  • 10:15 horas - Prebenxamín (210 metros)
  • 10:45 horas - Benxamíns-Alevíns (960 metros aprox.) 
  • 11:00 horas - Infantil-Cadete-Xuvenil (2.800 metros aprox.)
  • 11:45 horas - Participantes en cadeira de atletismo e handbike
  • 11:45 horas - Categoria Especial
  • 11:50 horas - Sénior en diante (11.700 metros aprox.)