Saltar al contenido
40 traballadores han interviñeron no exercicio

Repsol realiza un simulacro de seguridade no terminal marítimo da Coruña

  • Repsol realiza estes simulacros periodicamente para o adestramento do persoal e para comprobar o correcto funcionamento dos dispositivos e equipos de seguridade.
  • Nestas prácticas detéctanse posibles áreas de mellora, compróbase a eficacia da organización e dos medios de emerxencias.
  • A refinería coruñesa dedica 18.000 horas anuais a formación de seguridade.
Nota de Prensa
PDF Descargar documento
Vista de terminal marítimo en el Complejo Industrial de A Coruña de Repsol

A refinería de Repsol realizou esta mañá un simulacro de emerxencia no seu terminal marítimo situado no porto interior da Coruña. Este exercicio de seguridade inscríbese dentro das prácticas habituais que o complexo industrial coruñés realiza anualmente dentro da súa política de seguridade.

O simulacro, que se desenvolveu de 10 a 12 da mañá, contou coa participación de máis 40 persoas co obxectivo de servir de adestramento para todo o persoal propio do terminal ante unha emerxencia parcial. Nesta ocasión, simulouse un incidente ocasionado nos traballos de descarga dun dos buques, e ademais da resolución do incidente simulado no propio peirao, realizouse un exercicio de detección e despregado de medios móbiles así como o tendido de barreiras de contención na contorna do pantalán 1.

Grazas a este tipo de prácticas preventivas en seguridade compróbase a eficacia da estrutura organizativa e do Plan Interior Marítimo (PIM), os medios de loita contra incendios dispoñibles, os sistemas de comunicación e detéctanse posibles puntos de mellora nos procedementos e a operatividade.

Ademais neste simulacro tamén se traballa a coordinación coa Autoridade Portuaria e outras partes involucradas como Capitanía Marítima e buques en operación, e o adestramento da empresa de auxilio en materia de loita contra incendios desde o mar, mediante remolcadores de porto.

A realización deste tipo de exercicios require a paralización dos traballos diarios e a activación puntual de sistemas de alarma nos pantaláns. Previamente á realización do simulacro realizáronse desde a compañía avisos ao 112, Torre de Control Marítimo, Capitanía e Autoridade Portuaria, entre outros.

A refinería e a seguridade

A actividade industrial de Repsol na Coruña ten como valor esencial a seguridade das persoas e instalacións. Mostra diso, son as 18.000 horas de formación, tanto teórica como práctica, que os máis de 600 traballadores da refinería de Repsol realizan anualmente a través de distintos exercicios e simulacros en determinadas áreas, ou xerais, nos que se involucra a toda a organización.