Saltar al contenido

Repsol realiza un simulacro no Terminal Marítimo da Coruña

  • O exercicio de seguridade foi coordinado pola compañía e a Autoridade Portuaria da Coruña.
  • Participaron preto de 30 persoas, entre empregados de Repsol, Autoridade Portuaria, persoal de MGS (amarradores) e membros de SASEMAR como observadores.
  • Estas prácticas son levadas a cabo para detectar posibles áreas de mellora, comprobar a eficacia da estrutura organizativa do Plan Interior Marítimo (PIM) e os medios de emerxencias.
PDF 34 KB Descargar documento
Dos operarios inspeccionan el terminal marítimo de el Complejo Industrial de A Coruña

A Refinería de Repsol realizou esta mañá un simulacro nas súas instalacións do Terminal Marítimo situadas no porto interior, en coordinación coa Autoridade Portuaria da Coruña.

Os exercicios realizados centráronse na simulación de detección e contención de produto cun despregamento de barreiras en distintos puntos co obxectivo de comprobar a eficacia da estrutura organizativa do Plan Interior Marítimo (PIM) do porto e os medios de emerxencia, así como detectar posibles áreas de mellora nos procedementos e a operatividade.

En total participaron preto de 30 persoas, entre empregados de Repsol, Autoridade Portuaria e persoal das empresas Maritimal Global Services (amarradores), así como da Sociedade de Salvamento Marítimo (SASEMAR), como observadores.

A Refinería e a seguridade

O simulacro desta mañá, atópase inscrito dentro das prácticas habituais que a refinería de Repsol na Coruña realiza anualmente dentro da súa política de seguridade.

A actividade industrial de Repsol na Coruña ten como valor esencial a seguridade das persoas e instalacións. Mostra diso, son as 18.000 horas de formación, tanto teórica como práctica, que os máis de 600 traballadores da Refinería de Repsol realizan anualmente a través de distintos exercicios e simulacros en determinadas áreas, ou xerais, nos que se involucra toda a organización.