Saltar al contenido

Jornadas del Motor - Arteixo, del 5 al 9 de noviembre

La pasión que nos mueve

Jornadas del Motor en Arteixo

A paxión que nos move

Durante unha semana Arteixo convértese no epicentro do mundo do motor. Exposicións, charlas, actividades de formación e de lecer. Repsol quere compartir con Arteixo unha paixón mutua: o motor, nunhas xornadas dirixidas a estudantes e docentes de automoción, profesionais do sector, afeccionados e público en xeral.

Xornadas do motor. Arteixo, do 5 ao 9 de novembro

Charla coloquio con Isidre Esteve

Isidre Esteve y Txema Villalobo junto al coche Dakar de Repsol

Piloto do Repsol Rally Team, Isidre Esteve participou catorce veces no Dakar. Ademais de ser un exemplo polos seus logros deportivos, tamén o é de superación. Tras sufrir unha lesión medular, Isidre puxo todo o seu empeño en volver competir no Dakar coas máximas garantías. Non só conseguiuno, senón que ademais é un dos pilotos referentes do panorama internacional.

  • Lugar: Centro Cívico Cultural de Arteixo.
  • Data: martes 5 de novembro, ás 20 horas.
  • Invitacións: Entrada libre ata completar aforo. As invitacións pódense recoller no Centro Cívico Cultural de Arteixo : luns de 16 a 20 horas e martes de 10 a 14 horas e de 16,30 a 20 horas.

50 anos na alta competición: Exposición e Repsol Racing Tour

Interior de las instalaciones del Repsol Racing Tour

Repsol comezou no ano 1969 a súa traxectoria no patrocinio deportivo. 50 anos nos que nos consolidamos como un dos actores relevantes no panorama da alta competición de motor.

Na exposición repásanse en imaxes algúns momentos inesquecibles de todos os anos que a compañía leva apoiando a competición de motor. Ademais poderanse ver catro motos míticas, como a de Angel Nieto de 50 cc, do ano 1971; a KTM coa que Marc Coma competiu no Dakar, a Fonda de Moto GP do 40 aniversario e a de trial coa que competiu Toni Bou en 2008.

O Repsol Racing Tour, é unha mostra itinerante que busca achegar a historia de Repsol na competición deportiva. Os cidadáns coñecerán de preto ao Equipo Repsol nas distintas competicións: Mundial de Motociclismo, Dakar, Trial, automobilismo, voo acrobático, etc. Repsol Racing Tour é unha exposición con elementos interactivos, realidade virtual, exposición de obxectos históricos, contidos audiovisuais, multimedia, etc. Conta coa moto coa que Marc Márquez gañou o Mundial de MotoGP no ano 2017.

  • Centro Tecnolóxico de Arteixo: : Do 5 ao 8 de novembro: de 16 a 20 horas
  • Campo da Festa de Arteixo: Sábado 9 de novembro, de 10 a 16 horas (só Repsol Racing Tour).

Entrada libre. Accesible a todos os públicos.

Xornadas Formativas

Una persona trabaja en un motor de coche

Durante tres días preto de 450 alumnos de Formación Profesional de carrocería, electromecánica, automoción e mantemento de vehículos da provincia e 80 profesores de Galicia van participar en actividades formativas da man dos mellores expertos en áreas de actualidade como son a mobilidade, a competición, innovación, transición enerxética e medio ambiente.

Participarán profesionais, como Santiago Maroto do Repsol Technology Lab, especialista en motores e Fernando Lopez das Heras, achegará aos estudantes e profesores ao mundo do autogas de Repsol. Ana Nieto, científica experta en carburantes e lubricantes que falará sobre transición enerxética e medio ambiente. Isabel López Rivadulla da empresa Signus, será o exemplo de economía circular coa reciclaxe de pneumáticos.

A competición estará representada por Kike López, coordinador da Monlau Repsol Technical School compartirá a súa experiencia na mecánica de competición e Florenci Caso de Pirelli falará ao profesorado sobre “Pneumáticos, competición e innovación”.

Desde a Fundacion Jorge Jove farase un “Percorrido histórico pola automoción” coa visita dos docentes ao seu museo en Arteixo e as charla de Ramón Roca aos estudantes. O grupo Regueira achegará o seu coñecemento os retos tecnolóxicos presentes e futuros aos que se enfronta a automoción na actualidade tanto con relatorio como con talleres diarios para alumnos. Todos os participantes nas xornadas formativas poderán visitar o Repsol Racing Tour e o camión box da escuadra YaCar Cros que inclúe ademais de equipamento mecánico, varios coches prototipos de competición.

  • As xornadas formativas celébranse no Centro Tecnolóxico de Arteixo o mércores 6, xoves 7 e venres 8 de novembro en horario matinal, dirixidas a estudantes. E as tardes do 6 e 7 de novembro dirixidas a profesorado.

Actividades de lecer

Vista de las instalaciones exteriores del repsol Racing Tour

O sábado 9 pola mañá terá lugar o final das Xornadas con actividades para grandes e pequenos: Repsol Racing Tour, circuíto de correpasillos para os máis pequenos, concentración e roteiro moteira organizada polo Club moteiro local Os Abelurios, que sortearán dúas entradas para o gran Premio de MotoGP de Valencia entre os participantes no roteiro, así como agasallos. Entre outras sorpresas.

  • Campo da Festa de Arteixo.
  • Sábado 9, de 10.30 a 15.30 horas. O Repsol Racing Tour estará aberto ata as 18 horas.