Saltar al contenido

Contorna e comunidade

A nosa contorna

Nuestro entorno
  • Na refinaría da Coruña mantemos un firme compromiso coa nosa contorna, onde desenvolvemos a osa actividade dende 1964. Con este vínculo referímonos a unha responsabilidade que vai moito máis aló do noso papel como motor económico e laboral.

Repsol eo seu impacto na comunidade

Ben sexa de forma individual ou xunto á imprescindíbel colaboración de Fundación Repsol, no complexo desenvolvemos cada ano máis de 50 actuacións de ámbito social, cultural, educativo e deportivo para os nosos cidadáns.

Ambito social

No ámbito social intentamos traballar constantemente xunto con outras organizacións para sacar adiante proxectos que axuden á sociedade.

Deste xeito, apoiamos xunto a nosa Fundación o desenvolvemento para este ano 2016 de oito proxectos de: Asociación Parkinson Galicia-Coruña, ADACECO (Asociación de daño cerebral de A Coruña), Asociación West Galicia, ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Coruña), AFACO (Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña), Fogar Sor Eusebia, Ecos do Sur e Terra de Homes.

En Repsol consideramos a integración de persoas con capacidades diferentes un compromiso firme e activo, xa que creemos que a igualdade é unha meta posíbel. Deste xeito, dende 2010 na refinaría da Coruña estamos inmersos nun Plan de Integración para Persoas con Capacidades diferentes, Traballando para promover a integración e a diversidade a través de numerosos proxectos e actuacións diferentes. 

Podemos destacar a intensa colaboración con Down Coruña para a dotación de mobiliario da súa recentemente estreada sé, así como o desenvolvemento de programas como a aula de informática para a formación ou as bolsas do campamento de verán para mozos asociados. Doutra banda e xunto á Fundación Abrente colaboramos desde o seu inicio coa Carreira de Enki pola integración e temos previsto proximamente o desenvolvemento dun programa de deporte adaptado en centros escolares.

Este ano tamén destaca o impulso ás iniciativas para a integración socio laboral de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión, entre as que destacan os proxectos Antear, Voluntariado europeo, e La Ida (mozos) de Fundación Paideia Galiza, entidade coa que Repsol colabora dende 1996.

Fundación Repsol desenvolveu un programa de teatro adaptado coa compañía de teatro de Branca Marsillach que tivo moito éxito na Coruña. Por segundo ano consecutivo, esta obra citou a actores profesionais con e sen discapacidade para representar os Textos de Chekhov adaptados ao público que van dirixidos.

Cultura

Cultura

Dende o complexo desenvolvemos diferentes actividades para impulsar e achegar a cultura en Galicia, destacando o Premio de Narrativa Breve Repsol Repsol en lingua galega, que se creou na Refinaría en 2006 e que hoxe vertebra a Fundación xunto á Secretaría Xeral de política Lingüística da Xunta de Galicia.

Actualmente acada súa X edición, contando cada ano cun distinguido xurado formado por ilustres personalidades da cultura galega e unha dotación económica para o ganador de 12 000 euros, así como a edición da obra por Editorial Galaxia.

A nivel musical, a Fundación Repsol apoia o programa educativo Son Futuro da Orquesta Sinfónica de Galicia no que 22 228 escolares de 124 centros educativos puideron participar nos concertos didácticos, ademais de incluír todo o traballo da «Orquesta Joven», a «Orquesta de Niños», os «Niños Cantores» e o «Coro Joven» da OSG, ademais, do ciclo de Son Futuras Promesas.

22.228 escolares de 124 centros educativos puideron participar nos concertos didácticos

Educación

En Repsol cremos que sen educación non hai futuro. Por isto, fomentamos a educación e a formación a través de colaboracións con distintos centros escolares da nosa contorna máis próxima. Ademais, prestamos especial atención a desenvolver iniciativas para que escolares con risco de exclusión continúen os seus estudos.

Así mesmo a refinaría Repsol aposta polo futuro profesional dos mozos, co apoio á Formación Profesional (FP). Para conseguilo, creamos un programa de bolsas, adheríndose á FP dual, e impulsando o Ciclo Superior de Química Industrial. Ademais temos un programa de bolsas para alumnos de FP que cursen os seus estudos en centros educativos da Coruña e Arteixo. Tamén colaboramos coas distintas universidades galegas en prácticas de estudantes, foros, xornadas técnicas e doazón de equipos.

Deporte

Deporte

En Repsol estamos co deporte. Apoiámolo porque, ademais do seu impacto na saúde, cremos que é unha das manifestacións máis salientábeis do espírito de superación. Por este motivo achegamos o deporte aos cidadáns con numerosas actuacións como: a visita do Equipo Repsol Honda á Coruña con motivo do 50 aniversario do complexo, a Tall ships, a Carreira Popular o o Autocross de Arteixo.