Un ano máis renovamos o noso compromiso coa cultura galega a través do lanzamento da XIV edición do Premio Narrativa Breve Repsol.
No 2006 nace na refinería de Coruña o Premio Narrativa Breve Repsol vertebrado de forma conxunta coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, co obxectivo de fomentar a cultura e a lingua galega.
No 2010, Fundación Repsol toma a substitución da refinería no impulso do certame, que desde o seu inicio, conta co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como coa estreita colaboración da Editorial Galaxia, que editou as anteriores obras gañadoras.
Xacobe, un escritor novo que vive en Barcelona e recibe subitamente a noticia da morte do seu avó materno. Obrigado a regresar a Eiradona, a vila galega onde naceu, volve atopar co seu círculo familiar, cunha nai danada polo pasado e os recordos da súa infancia.
O xurado da XIII edición destacou da obra de Gonzalo Hermo o equilibrio entre o fondo e a forma e a regularidade da construción narrativa, así como “a sinxeleza estrutural e o seu estilo depurado, que profunda nun tema universal como son os rituais da morte e o seu impacto nos roles familiares, para debuxar un personaxe protagonista que asume unha oposición ás identidades tradicionalmente atribuídas á súa orixe”.
É unha novela de viaxes e duplicidades, ambientada na Illa Reunión e formulada como a fuxida de si mesmo e da historia de dous personaxes afastados cronoloxicamente. Como trasfondo fica a reflexión sobre o home postcolonial, o encontro co outro e o conflito individual coa débeda histórica. Trátase dun percorrido pola chamada "diagonal dos tolos", unha carreira apaixoante contra os propios límites. O xurado destaca a boa construción da trama, a habelencia do autor na dosificación da intriga e o inagardado final.
A obra gañadora é " un exemplar moi interesante dun subxénero literario típico da literatura escrito en inglés chamado Interiors. Moi ben conseguido. Fixo un xogo metaliterario que é sorprendente pola súa madurez " e engadiu que a narración está moi ben adaptada ao número de páxinas, tal e como se pide no Premio.
A obra gañadora é “unha novela en si, que gaña ritmo, forza e calidade, conforme avanza”. “Es moi suxestiva”e “está chea de chiscos e ollo ao cine e literatura”. E destaco a dificultade da elección debido a gran cantidade de obras presentadas e á variedade temática, “lo que levounos a unha escolla difícil” e animo a cultivar o xénero de novela corta, xa que “é moi conveniente para crear lectores”.
A obra gañadora pode definirse como “un libro harmonioso, relacionado cos aforismos”, destacando “o uso da a contundencia do breve, utilizando a retranca, o absurdo, a transgresión e a crítica mordaz”. Son microrelatos intelixentes que levan á reflexión, conseguindo un ritmo áxil que convida a facer paradas para o lector. “É un libro para pensar”.
O Xurado para dar o Premio “valorou a ironía, a pulida e traballada narrativa do autor, a orixinalidade no tratamento literario, así como o xogo de distanciamento orixinal, que resulta sempre moi intelixente”. Ademais, “é unha obra que lle deixa sempre un espazo aberto ao lector e á lectora”.
O Xurado despois dun debate sobre os 32 orixinais presentados valorou o estilo desenfadado co que están os 45 textos narrativos breves que compoñen o libro gañador e que na sua maioría se aproximan ao antiquísimo xénero da facecia”. “A agradable lectura que proporciona o libro, débese en gran parte a fina ironía que desprende do seu conxunto e o humor, as veces corrosivo, propiciador de sorrisos cómplices”.
Xosé Luís Axeitos Agrelo como voceiro do Xurado, destacou a labor do rigoroso xurado que mantivo un intenso debate e que finalmente outorgou o premio á obra de Sumai, calificando a obra como “novela de memoria”, “moi ben escrita, perfeccionista” e engadiu que “chamou a atención a todos vos membros do xurado”.
Nela cóntase, a través dun monólogo intenso e espido, a historia dunha muller maltratada. Un título no que sentimentos, reflexión e forma narrativa serven de refuxio ás arelas dunha muller. Despois de ir ao cinema, coma sempre soa, unha muller decátase de que acaba de ver a súa vida reflectida na pantalla. Miguel Sande explora a historia dunha muller que se nega a aceptar a morte dos sentimentos, a realidade dunha vida en ruínas.