A Olimpíada é unha competición moi esixente con 500 equipos de máis de 60 países. Jacobo, Juan e Álvaro puxeron toda a súa ilusión e esforzo, pero aínda que non foi posible alcanzar as primeiras posicións, quedan coa experiencia única e incrible, a aprendizaxe e o intercambio con outros estudantes de países tan distintos como Suíza, Rusia, Paquistán, México ou Irán. “Traballaron moito para facer o robot perfecto e facelo ben. Aprendimos moitísimo de nenos de todo o mundo e traemos moitas ideas. O próximo ano faremos uns pedazos de robots para que poidan competir novamente” comentou Anxo Fernández, o seu profesor de Robótica.
Desde Repsol quixemos acompañarlles nesta aventura porque cremos na innovación e a tecnoloxía como motor de cambio e promovemos a formación de vocacións científicas nos nosos mozos.
Pero moitas veces os soños cúmprense. Desde Repsol, quixemos recompensar o esforzo deste grupo de estudantes galegos, acompañándolles nesta aventura. Porque a innovación e a tecnoloxía forma parte do noso ADN, estamos a impulsar o interese dos nenos e mozos polas disciplinas STEM: ciencias, tecnoloxía e matemáticas, promovendo a formación de profesionais nestas áreas.
Ademais, na contorna do Complexo Industrial da Coruña, promovemos numerosas actividades vinculadas á educación e á promoción de vocacións científicas entre os escolares, como os talleres Aprendenerxía, as bolsas de formación profesional, a FP Dual, a aula móbil da enerxía…
En Tailandia Jacobo, Juan e Álvaro construíron un robot innovador que deu resposta ao reto sobre o que se centrou este ano a competición: a sustentabilidade alimentaria, a forma en que cultivamos, compartimos e consumimos alimentos.
Coa campaña # SuerteGalegos animámoslles e recoñecemos o mérito destes nenos galegos. Axudalos a cumprir o seu soño de participar no mundial de robótica foi para Repsol a oportunidade de colaborar nun proxecto educativo da Coruña que premia o esforzo e o talento destes pequenos xenios da robótica.
Máis que ningún éxito o premio foi participar e recoñecer o interese pola ciencia e a tecnoloxía dos mozos que construirán o futuro da nosa sociedade.