Saltar al contenido

Emprego e formación

Canle de emprego

Canal de empleo

Oportunidades Repsol

Queres traballar en Repsol? Descubre os postos que ofrecemos para traballar en calquera das nosas operacións a nivel mundial. Preséntate segundo o teu perfil e área de experiencia e forma parte do noso equipo.

Para solicitar algunha das nosas ofertas deberás enviarnos o teu Currículum Vitae (CV). Podes facelo a través do formulario que atoparás en repsol.com/Canle de emprego, onde tamén poderás acceder ás nosas ofertas de emprego.

Cando teñas introducido o teu CV na nosa base de datos porémonos en contacto contigo cando teñamos vacantes que coincidan co teu perfil profesional. Lembra que para poder dispoñer do teu CV en futuras candidaturas é imprescindíbel que o teñas actualizado.

Formación

Formación
Para facer funcionar unhas instalacións da complexidade do Complexo Industrial da Coruña compre un persoal cualificado, cun variado perfil de postos de traballo. Este alto nivel profesional dos empregados require unha posta ao día permanente dos coñecementos, debido á evolución tecnolóxica na industria enerxética e á crecente competitividade dos mercados Para iso nas nosas instalacións levamos a cabo programas de formación continua e desenvolvemento profesional, dedicando anualmente ao redor de 50 000 horas a este labor. 

En Repsol consideramos de vital importancia o papel da educación e a formación no desenvolvemento da innovación, o que fai imprescindíbel máis interacción entre a formación e a empresa. 

Por todo iso, dende a refinaría mantemos distintos acordos coas tres universidades galegas para o desenvolvemento de colaboracións específicas e formación do alumnado. 

Dende o ano 2003, estamos involucrados no desenvolvemento do Ciclo Superior de Química Industrial, impartido no IES A Sardiñeira da Coruña.

Por unha banda, co ciclo ordinario no que os alumnos teñen formación práctica na refinaría e os que destaquen no seu rendemento realizarán as súas prácticas de FCT (Formación en Centro de Traballo), necesarias para obtención do título. 

E por outro, desenvolvemos o Programa de Formación Profesional Dual, un proxecto levado a cabo conxuntamente coa Xunta de Galicia que permite aos alumnos do ciclo superior de Química Industrial, combinar a súa aprendizaxe no centro educativo con máis de 600 horas de formación e prácticas remuneradas na refinaría, que reforzan a súa preparación e melloran a súa empregabilidade. 

Ademais, dende 2011 convócase, xunto a Fundación Repsol, o Programa de Bolsas para alumnos de distintos ciclos de FP que cursen os seus estudos en centros da Coruña e Arteixo Estas bolsas anuais son compatíbeis con outras outorgadas pola Administración.

  • Tamén che pode interesar

Chica con gafas mira ordenador

Canle de emprego

Accede a máis información no noso portal global.
Entorno y Comunidad

Contorna e comunidade

No Complexo Industrial da Coruña seguimos mantendo o noso compromiso coa nosa contorna e comunidade.