Saltar al contenido

Empleo y formación

Demo day

Estudiantes FP

Emprendemento en FP, un innovador programa de Fundación Repsol

Cremos na cultura do emprendemento e por iso, quixemos apoiar aos centros educativos e os seus profesores na formación de estudantes con aspiracións emprendedoras.

Este innovador programa de Emprendemento en FP de Fundación Repsol naceu co obxectivo de fomentar a cultura emprendedora e mellorar o emprego dos estudantes de Formación Profesional, proporcionándolles ferramentas útiles para o seu futuro profesional.

Este proxecto, no que participaron máis de 200 alumnos en España, conclúe coa celebración dos Demo Days. A partir dese momento poderán poñer en práctica todo o aprendido.

Cos mellores mentores

O programa promove tamén o voluntariado entre os empregados de Repsol para que estes sexan os mentores dos estudantes. Co seu coñecemento e experiencia profesional os voluntarios Repsol achegaron un importante valor engadido á experiencia dos estudantes. Xunto con eles os alumnos puideron participar en diferentes sesións de formación e talleres prácticos sobre liderado, creatividade, traballo en equipo, comunicación, lean startup… a cargo de expertos en cada materia.

Na Coruña participaron nesta iniciativa 53 alumnos e 13 profesores de 8 centros educativos, que estiveron apoiados por 7 voluntarios Repsol.

IES Urbano Lugris (centro cívico) A Coruña
IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta A Coruña
IES Fernando Wirtz Suárez A Coruña
CIFP Someso A Coruña
IES A Sardiñeira A Coruña
IES Calvo Sotelo A Coruña
CIFP Ánxel Casal- MA A Coruña
IES Universidade Laboral Culleredo
  • Os participantes cóntannos a súa experiencia