Saltar al contenido

Accesibilidade

Repsol, no seu compromiso coa sociedade, traballa para facilitar o acceso a repsol.com de todas as persoas, independentemente das súas condicións:

  • Do contorno e tecnolóxicas (ruído, mala iluminación, navegadores antigos, conexións lentas)
  • Físicas (deficiencias visuais, auditivas, motoras, neurolóxicas e cognitivas, de linguaxe ou relacionadas co envellecemento)

En 2007 renovouse repsol.com seguindo os estándares do Consorcio World Wide Web (W3C): XHTML 1.0 e CSS 2.0.

En 2008 unha mostra representativa de páxinas de repsol.com foi sometida a unha auditoría para determinar o seu grao de accesibilidade segundo os estándares comunmente aceptados. Como instrumento para medir a accesibilidade usáronse as Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG 1.0) definidas pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do W3C. Estas pautas están compostas por unha serie de puntos de verificación que hai que cumprir para conseguir un contorno web accesíbel. A auditoría foi levada a cabo por ADESIS, empresa membro do W3C dende o ano 2007.

repsol.com, en novembro de 2008, alcanzaba os seguintes niveis de cumprimento:

  • A: 26,68% 
  • AA: 31,22% 
  • AAA: 32,93 %  

Durante 2009 epsol.com redeseñou a sección de información corporativa, incorporando criterios de accesibilidade web. Nestes momentos está en proceso de auditoría.

En 2010, Repsol redeseñou a súa sección de Produtos y Servizos.

O redeseño realizouse e definiuse de acordo coas fases estabelecidas na metodoloxía denominada Deseño Centrado no Usuario (DCU). Deste xeito, e segundo o especificado na norma ISO/IEC 9126, permitiuse a participación de usuarios finais a través de probas reais. Este feito permitiu a anticipación de futuros problemas de interacción e a súa solución de acordo con estándares de usabilidade e experiencia de usuario.

Ademais desta adaptación, definiuse de acordo coa norma UNE 139803:2004, «Aplicacións informáticas para persoas con discapacidade. Requisitos de accesibilidade para contidos na web», que estabelece as características que han de cumprir os contidos dispoñíbeis mediante tecnoloxías web en Internet, para que poidan ser utilizados pola maior parte das persoas, incluíndo persoas con discapacidade e persoas de idade avanzada, de forma autónoma ou mediante as axudas técnicas pertinentes.

Deste modo, aplicáronse certos criterios de accesibilidade e semántica web para adaptar esta sección ao nivel AA das WCAG 1.0 e 2.0. Entre todos estes criterios, cómpre salientar os seguintes:

  1. Organización das páxinas en niveis de encabezamentos estruturados xerarquicamente.
  2. Encabezamentos e etiquetas que describen o tema ou propósito pertinente.
  3. Existe un mecanismo que permite saltar bloques de contido que se repiten en múltiples páxinas web.
  4. Alternativas correctas tanto en imaxes coma en gráficos e infografías.
  5. Marcación semántica e accesíbel nas táboas empregadas.
  6. Estruturación lineal dos contidos da páxina.
  7. Desenvolvemento de programación de script non-intrusivo.
  8. A cor non se emprega como o único medio visual para transmitir unha información.
  9. Pódese empregar calquera funcionalidade do contido a través dunha interface de teclado.
  10. As páxinas web teñen títulos que describen o seu tema ou propósito.
  11. O propósito de cada vínculo pode determinarse co texto do vínculo descontextualizado.
  12. Identificouse correctamente o idioma de cada páxina.
  13. A presentación visual do texto e as imaxes de texto teñen unha relación de contraste de polo menos 5:1.
  14. Emprego de unidades de medida relativas.
  15. Emprego semántico correcto de elementos textuais do portal en lugar de imaxes.
  16. Existe máis dun medio para localizar unha páxina web dentro dunha colección de páxinas web, agás cando a páxina web é resultado, ou un paso, dun proceso.

Actualmente, a sección está en proceso de validacións finais e auditorías.


Notas de prensa relacionadas:

  • Repsol presenta o seu Libro branco da contratación de persoas con capacidades diferentes
  • Repsol, premiada pola súa política de integración de persoas con discapacidade
  • A Fundación Repsol entrega en Marrocos material para 200 persoas discapacitadas