Saltar al contenido

As nosas instalacións

Parada de combustibles

Parada de combustibles

Cando parar significa avanzar

Estamos a realizar tarefas de mantemento na refinería de Repsol da Coruña, investindo e innovando coa máxima seguridade, para garantir a competitividade e o respecto ao medio ambiente.

Co fin de revisar en profundidade as nosas instalacións, o pasado 9 de marzo iniciouse un proceso que se coñece como parada xeral. Estes traballos programados implicaron un cesamento temporal do funcionamento das unidades de transformación da refinería, para proceder a tarefas de inspección, mantemento e investimento en innovación tecnolóxica. Esta actuación xeral, que durou 30 días, permitiu garantir a seguridade das persoas e do medio ambiente, así como a fiabilidade dos equipos.

A seguridade de todas as persoas que participaron na parada foi prioritaria. Por esta razón, creouse un equipo de coordinación específico e todos os traballadores, tanto de Repsol como das empresas auxiliares, recibiron unha formación específica en materia de seguridade.

Investíronse máis de 23 millóns de euros, destinados á revisión de 22 unidades e arredor de 1.000 equipos. Ademais, lleváronse a cabo 44 actuacións para innovar e introducir as últimas tecnoloxías na refinería e incrementar deste xeito a eficiencia dos seus procesos.

Unha media diaria de 1.000 persoas, con picos de 1.300 persoas, traballaron na parada. A maiores do noso propio persoal, participaron máis de 60 empresas auxiliares, a meirande parte delas implantadas en Galicia, reforzando deste xeito o noso compromiso coa contorna.

Seguridad

Seguridade

A planificación, a organización e o desenvolvemento da actividade industrial na nosa refinaría teñen como base a seguridade de todas as persoas e instalacións.
Blog de innovación tecnológica

Blogue de innovación tecnolóxica

En Repsol desenvolvemos diferentes tecnoloxías para que o transporte do futuro sexa máis eficiente.