Saltar al contenido

As nosas instalacións

Porto Exterior

Barco atracado en el puerto exterior del Complejo Industrial de A Coruña

Traslado das operacións de cru e sólidos ao Porto Exterior de Punta Langosteira

En outubro de 2013 Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña asinamos o convenio para o traslado gradual das operacións de sólidos e cru ao Porto Exterior de Punta Langosteira. En 2015 desde Repsol comezamos as operacións de sólidos no Porto Exterior, onde na actualidade xa trasladamos todos os nosos tráficos de graneis sólidos (coque e xofre). O proxecto de traslado das operacións de cru ao Porto Exterior, actualmente en marcha, supoñerá un investimento total por parte de Repsol de 126 millóns de euros, que inclúe a obra mariña, a construción do poliducto e as súas instalacións auxiliares, así como modificacións nalgunhas das instalacións industriais da refinería.

Para seguir a actualidade do proxecto:

Nestes momentos xa foi adxudicada a obra civil mariña para a descarga de cru no Porto exterior Langosteira por un importe de 25,4 millóns de euros. A enxeñería e construción do Pantalán foron adxudicadas á empresa Sacyr e as Enxeñerías Proes, Ayesa e TSK Intecsa se escargarán de diversos ámbitos desta fase. Doutra banda, a execución das obras do poliducto e as súas instalacións auxiliares finalizaron a súa tramitación expropiatoria e están presentadas as solicitudes das licenzas municipais aos concellos da Coruña e Arteixo.
  • Tamén che pode interesar

Seguridad

Seguridade

A planificación, a organización e o desenvolvemento da actividade industrial na nosa refinaría teñen como base a seguridade de todas as persoas e instalacións.
Nuestro entorno

A nosa contorna

Na refinaría da Coruña mantemos un firme compromiso coa nosa contorna, onde desenvolvemos a osa actividade dende 1964.