Preguntas Frecuentes / Curiosidades
As paradas están programadas e réxense por un calendario plurianual. Vanse repetindo de forma periódica para a revisión, mantemento e mellora das unidades e denomínanse “paradas de mantemento” porque non é factible realizalas coas unidades en servizo, razón pola que é necesario paralas para poder acometer os traballos programados; levándose a cabo en distintas etapas (proceso de parada da unidade, revisión programada e, finalmente, posta en marcha novamente das unidades).
Tanto nos primeiros días, na fase de parada das unidades como na fase final de posta en marcha, os procedementos operativos requirirán do envío controlado e puntual aos fachos de excedentes de elementos gasosos propios do proceso para a súa combustión. Por esta razón, en determinados momentos os fachos poderán ter unhas dimensións maiores das habituais, unha circunstancia normal nestas fases do proceso, que se realizan de forma totalmente controlada e segura.
Despois dunha parada destas características, estas unidades recuperan as súas condicións orixinais para operar, de acordo cos máis altos estándares de seguridade, realizándose coa maior optimización posible en tempo e custos.
- Non, para practicamente a metade das unidades da Refinería, o resto funcionan con normalidade. Que é a Conversión? As unidades de Conversión permiten reprocesar fraccións de menor valor obtidas nos procesos de destilación de cru, conseguindo produtos destilados de maior calidade. A Refinería da Coruña destaca desde os anos 80 por posuír un alto índice de conversión.
Coque Vacío 2 URG 3 Merox Merox Nafta Torres refrigeración FCC Antorcha Aguas Ácidas 2 Aminas 2 HDS 3 HDT PRA 4 Aminas 4
- Este volume de persoas e traballo equivale a un total de 407.000 horas/home. Esta medida cuantifica os traballos da parada e significa que se os puidese facer unha única persoa, debería dedicar 407.000 horas que, repartidas en xornadas de 7 horas, supoñerían máis de 58.000 días de traballo, é dicir, 159 anos.