Saltar al contenido

Sobre el complejo

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

Preguntas máis frecuentes sobre o Complexo Industrial da Coruña

Desde Repsol querémosche resolver calquera dúbida ou pregunta que teñas en relación ao complexo industrial da Coruña.

Por que ten tantas chemineas o Complexo?

O Complexo Industrial da Coruña está dotado de seis chemineas principais. Son elementos necesarios para as emisións procedentes dos procesos de refinamento, que cumpren estritamente a normativa ambiental. Como curiosidade é destacábel que a máis alta ten unha altitude aproximada de 150 metros.

Para que serven os fachos?

Son un dos elementos de seguridade activa máis importantes. A súa función é absorber a descarga de gases no caso de producirse unha situación anómala, como unha parada ou un fallo eléctrico. Os fachos sempre están en funcionamento, aínda que durante o día son case imperceptíbeis a simple vista.

É normal que o facho teña chama?

Si, é completamente normal, dado que os fachos sempre teñen un piloto acendido para a queima controlada de gases. De feito durante as Paradas de mantemento e posterior funcionamento das unidades, a chama dos fachos pode ser visualmente máis rechamante, xa que se levan ao facho para a súa combustión os excedentes de gases deses procesos.

Que son as columnas?

Son unhas torres destinadas aos procesos químicos que separan por evaporación distintos compoñentes dunha mestura, como, por exemplo o cru. Case todas as unidades do complexo teñen columnas.

Que son as torres de refrixeración?

Son instalacións que arrefrían auga por evaporación de parte desta. O aire evapora unha pequena parte da auga, arrefriando o resto. En inverno aparecen columnas de vapor de auga que ascenden ao ceo, xa que se produce a condensación da auga ao arrefriarse polo contacto co aire frío. Non hai que confundir estas columnas con fume, xa que, aínda que son moi visíbeis, se trata só de vapor de auga.

É certo que se ven máis fumes durante a noite?

A cantidade de emisións á atmosfera son similares durante todo o día. As emisións están controladas a tempo real pola Xuntade Galicia. Pode suceder é que, ás veces, a luz que emiten as luces do complexo se reflicta no fume. Deste xeito, pode parecer que se está a emitir máis fume do normal.

Que se fai co xofre extraído do petróleo?

O xofre forma parte de moitos dos compostos químicos que conforman o petróleo. Antigamente non se eliminaba e se incorporaba aos produtos, como gasóleos e gasolinas. Así a todo, na actualidade o xofre extráese case na súa totalidade. Deste xeito, redúcense as emisións tanto na produción do complexo, como nos nosos vehículos.

Ao final dos procesos obtense xofre en forma de escamas ou pastillas amarelas, que ten utilidade en usos agrícolas, como funxicida, ou na industria de fabricación dos pneumáticos, como axente de vulcanización.

O traballo nas instalacións está organizado en quendas rotativas, polo que a produción é continua 24 horas ao día, durante todo o ano. En todo momento, mantense un número de profesionais suficiente na refinaría que permite manter as instalacións en marcha, producindo de forma segura ritmo constante.

Que se produce en Repsol A Coruña?

Hai unha grande cantidade de produtos que saen destas instalacións, dende hidrocarburos de automoción como as gasolinas e os gasóleos, combustíbeis para aviación, propano, butano, asfaltos, ata materia prima para a fabricación de plásticos.

Canto do cru que chega ao Complexo se aproveita?

O 100 %. O petróleo é un material cunha cota de perda cero, dado que todos os seus derivados teñen unha función específica. Os residuos que se xeran na refinaría non proceden directamente do cru que se utiliza, senón doutros elementos que interveñen na produción dos combustíbeis, como catalizadores gastados, que se envían a xestores de residuos autorizados.

Como chega o cru á Refinaría?

O cru chega en barco á Terminal Marítima de Repsol, situada no Porto da Coruña. Dende alí, envíase á refinaría mediante unha canalización (oleoduto) de 6,4 km aproximadamente.

Como se distribúen os produtos?

A maior parte envíanse a través de oleodutos ás centrais de CLH (Compañía de Loxística de Hidrocarburos) da Coruña e Vigo. Alí se cargan en camións cisterna para a súa distribución por xunto ou, polo miúdo en estacións de servizo. O resto envíanse ao porto para seren exportado.

Que son o Upstream e o Downstream?

É un xeito de dividir en áreas as fases ou etapas nas que se traballa a industria petroleira e do gas, para unha mellor xestión. O Upstream abrangue todos o procesos previos ao refinado do cru, como a exploración, perforación e extracción, así como a exploración, produción e transporte de gas natural.

O Downstream comeza co refinamento e continúa con outras actividades clave, como a produción de produtos químicos, e a comercialización de produtos como os carburantes, propano e butano.

Como se controlan as emisións?

As principais chemineas do complexo posúen analizadores que miden de forma continua as emisións. Estas medidas en envían, tamén de forma continua, ás autoridades ambientais da Xunta de Galicia.

Ademais, existen casetas de medición da calidade do aire que serven de aviso e de toma de accións en caso de superación duns límites estabelecidos.

Actualidad

Actualidade

Descubre as novas sobre o noso complexo.
Nuestras instalaciones

As nosas instalacións

As nosas instalacións emprázanse entre os municipios da Coruña e Arteixo.