Desde a refinería da Coruña contribuímos aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) das Nacións Unidas, apoiando a Axenda 2030. Coas accións do noso Plan de Sustentabilidade 2019 queremos dar resposta á sociedade da Coruña con proxectos concretos, innovadores e retadores aos que nos comprometemos publicamente.
A Axenda 2030, un ambicioso plan de acción, que se aprobou en 2015 no Cume do Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas, foi deseñada para facer fronte aos grandes problemas do noso tempo e asegurar así o desenvolvemento sustentable da nosa sociedade.