Saltar al contenido

Economía circular

Vista de embalse de agua en la Refinería de A Coruña de Repsol

Na Refinería da Coruña avanzamos cara ao modelo de Economía Circular

Avanzar cara a unha economía circular é unha prioridade para Repsol. A economía circular é un novo modelo de produción e consumo baseado no principio de “pechar o ciclo de vida” dos produtos e servizos, xestionando de forma integral os recursos naturais, os procesos e os residuos xerados da actividade.
Infografía sobre la economía circular

Desde Repsol estamos a impulsar unha estratexia de economía circular que busca a eficiencia operativa, a redución do impacto ambiental, a anticipación á regulación e a procura de fontes alternativas competitivas. Apostamos por substituír a economía lineal baseada en producir, consumir e tirar, por unha economía circular na que se reincorporan ao proceso produtivo unha e outra vez os materiais que conteñen os residuos, para a produción de novos produtos ou materias primas.

No Complexo Industrial da Coruña estamos a traballar en proxectos de economía circular, principalmente na recuperación de lodos biolóxicos da planta TAR na unidade de coque. Con esta iniciativa incorporamos ao proceso produtivo, na planta de coque, os lodos biolóxicos e fisicoquímicos que saen da planta de Tratamento de Augas Residuais (TAR). Este proxecto ten beneficios ambientais porque supón a redución de residuos e tamén xera un aforro no tratamento e xestión de residuos.

Doutra banda, podemos destacar a reutilización e doazón de equipos informáticos como o programa máis veterano de economía circular que levamos a cabo desde hai tempo. Con esta iniciativa, os computadores que se retiran da Refinería prepáranse para un segundo uso, ben doándoos a entidades sociais que lle poden dar aproveitamento ou se reciclan para que os seus compoñentes teñan unha nova utilidade.

Desde Repsol puxemos en marcha en 2017 nosa Estratexia de Economía Circular, para deseñar os produtos de forma sustentable, alongar a súa vida útil, reducir os residuos e aforrar en materiais e enerxía. Esta estratexia transversal xa supera as 120 iniciativas. Promovendo un cambio progresivo que integre esta visión circular nos modelos de negocio, Repsol espera aforrar en custos, obter novos ingresos con produtos ou servizos e un mellor desempeño ambiental da compañía e dos seus clientes.

Energía e Innovación

Enerxía e innovación

A evolución do ser humano é o resultado da busca de materia e enerxía para sobrevivir. A nosa historia neste planeta avanza en paralelo coa historia da enerxía.
Medio ambiente

Medio ambiente

É a nosa prioridade e responsabilidade tratar de evitar calquera impacto negativo que puidésemos exercer no noso contorno.