Saltar al contenido

Medio Ambiente

Unha xestión sustentable da auga

Maquinarias en la refineria de A Coruña de Repsol disparando agua
Desenvolvemos unha xestión sustentable da auga mediante a procura continua de solucións para garantir o uso responsable dos recursos hídricos, preservar a súa calidade e avanzar cara a un modelo de economía circular.
O noso compromiso é facer un uso responsable dos recursos  hídricos, garantir a calidade da auga tras o seu uso industrial  e promover a redución do consumo de auga no noso proceso produtivo. Os procesos que se desenvolven no complexo  industrial xeran unha serie de augas residuais que  son sometidas a un completo tratamento.
Un parte da auga xa tratada é  recirculada para a súa reutilización en diversas actividades do complexo industrial, chegando a reutilizar ata unha 60% da auga que consumimos. O resto envíase ao mar a través dun emisario submarino.
O control da calidade da auga que facemos é exhaustivo con análises diarias no laboratorio, e leva a cabo un programa de Vixilancia e Control do Emisario Submarino (Ambiental e Estrutural) por organismos externos autorizados, así como inspeccións de Augas de Galicia para comprobar que cumprimos cos requisitos fixados na nosa Autorización Ambiental Integrada. Durante 2017 realizáronse investimentos como a captura das augas pluviais existentes nas proximidades da balsa de  Nostián co fin de reducir o consumo exterior.

Máis información