Último comunicado de prensa

Press Release

A Coruña, 20 de abril de 2023 (06:05 horas).- O incendio que tivo lugar de madrugada na unidade de cru 2 da refinería coruñesa foi extinguido polos equipos de seguridade do complexo industrial con medios propios.

O traballador que resultou ferido leve xa se atopa no seu domicilio, tras ser atendido polos servizos médicos da clínica do Centro Industrial.

O plan de emerxencia interior activouse con carácter inmediato e tras a extinción foi desactivado. Os sistemas contra incendios funcionaron correctamente e os equipos de seguridade actuaron con medios propios ata a extinción total do incendio, que estivo contido e controlado na área de inicio, sen que excedese os límites da instalación afectada e sen que existise perigo para a poboación.

A compañía comunicou os feitos ás autoridades e contactou coas asociacións veciñais para informarlles directamente. Repsol abrirá unha investigación para determinar as causas do suceso.