As nosas instalacións
Novo terminal marítimo no Porto Exterior
As instalacións portuarias situadas en Punta Langosteira (Arteixo) permítennos operar os produtos sólidos e líquidos do noso complexo industrial que supoñen actualmente máis do 60% dos tráficos portuarios da Coruña.
O novo terminal marítimo conta cun pantalán para a atracada de buques de ata 200.000 toneladas e está unido á refinería a través dun poliducto de lonxitude de 3,8 quilómetros e con 11 tubaxes preparadas para a condución de diferentes produtos.
O noso compromiso unha realidade
O proxecto de traslado da actividade portuaria do noso complexo industrial ao Porto Exterior de Punta Langosteira (Arteixo) supuxo un investimento de máis de 126 millóns de euros.
En outubro de 2013, reafirmando o compromiso coa nosa contorna, asinamos o acordo coa Autoridade Portuaria da Coruña para o traslado gradual das operacións de sólidos e cru a Langosteira.
Entre 2015 e 2017 completamos os graneis sólidos (xofre e coque) que supoñen unha media de 400.000 toneladas anuais, aproximadamente, un 11% do total destes tráficos no porto coruñés.
En 2023 completamos o acordo asinado co traslado das operacións de cru que comeza coa inauguración do novo terminal marítimo. Estas instalacións serán claves na transformación industrial do noso complexo facilitando a xestión de novos produtos descarbonizados e dando soporte a novos tráficos de materias primas, contribuíndo así á iniciativa A Coruña Green Port da Autoridade Portuaria.
Datos do proxecto de traslado
Os bloques do novo terminal marítimo
O pantalán dunha lonxitude total de 520 metros permite a operación de buques de ata 200.000 TPM (tonelada peso morto).
Esta infraestrutura é a primeira peza e contou cun orzamento de 35 millóns de euros.
Posúe tres instalacións para seguridade, subestación eléctrica, sala de control e está dotado con sistemas de brazos de descarga de cru, contraincendios, atracada, pasarelas de acceso, así como liñas de transporte de produto.
O segundo bloque das instalacións contou cun investimento para a súa construción de 80 millóns de euros.
Trátase do poliducto e as instalacións auxiliares situadas na parte terrestre portuaria e que están conformadas por: os edificios, subestacións eléctricas e instalacións de tubaxe, así como polo sistema de bombeo e regulación para o envío do cru desde o Porto Exterior á refinería.
O poliducto ten unha lonxitude de 3,8 quilómetros e conta con once tubaxes soterradas: dous delas destinadas ao transporte de cru entre a nosa refinería e o novo terminal, unha terceira para a trasfega de augas e as oito tubaxes restantes para o transporte futuro doutros tráficos.
As modificacións na refinería supuxeron un investimento de 7 millóns de euros e permiten conectar as instalacións existentes no complexo industrial co novo poliducto.
As actuacións neste bloque incluíron a construción de racks de tubaxes e estruturas metálicas, unha nova caseta con equipos de instrumentación, un novo sistema de bombeo, tendido de liñas eléctricas e telemáticas con fibra óptica, así como a transformación de sistemas e instalación de equipos de seguridade.