A Coruña e os ODS
Desde a refinaría da Coruña contribuímos aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) das Nacións Unidas, apoiando a Axenda 2030. Coas accións do noso Plan de Sustentabilidade queremos dar resposta á sociedade coruñesa con proxectos concretos e innovadores aos que nos comprometemos publicamente.
A Axenda 2030, un ambicioso plan de acción que se aprobou en 2015 no Cume do Desenvolvemento Sostíbel de Nacións Unidas, foi deseñado para facer fronte aos grandes problemas do noso tempo e asegurar o desenvolvemento sostíbel da nosa sociedade.
Contribuímos ao desenvolvemento sostíbel tratando de satisfacer a demanda actual de enerxía.
Aliñados cos obxectivos da Axenda 2030
A sustentabilidade nos procesos industriais é a nosa prioridade, por iso contribuímos activamente no cumprimento dos ODS a través de numerosas accións plasmadas no noso Plan de Sustentabilidade Local.
O papel de Repsol e a súa contribución aos ODS
En liña cos obxectivos da Axenda 2030, contribuímos a todos os ODS centrando, ademais, os nosos esforzos en sete dos máis relacionados coa nosa actividade, tras analizar os que son máis relevantes para a compañía e para os nosos grupos de interese.
Como contribuímos desde A Coruña aos ODS?
Coñece as accións locais que reflicten o noso compromiso co desenvolvemento sostíbel da sociedade e as contornas onde levamos a cabo a nosa actividade industrial.
Saúde e benestar
Educación de calidade
Enerxía accesíbel e non contaminante
Traballo decente e crecemento económico
Industria, innovación e infraestrutura
Cidades e comunidades sostíbeis
Produción e consumo responsábeis
Acción polo clima
Paz, xustiza e institucións
Paz, xustiza e institucións