Apostamos pola Economía circular

Avanzar cara a unha economía circular é unha prioridade para Repsol. Trátase dun modelo de produción e consumo baseado no principio de “pechar o ciclo de vida” dos produtos, xestionando de forma integral os recursos naturais, os procesos e os residuos xerados da actividade.

Bosque visto desde arriba

Aproveitamos ao máximo os recursos dos que dispoñemos alongando o ciclo de vida dos produtos.


Desde Repsol estamos a impulsar unha estratexia de economía circular que busca a eficiencia operativa, a redución do impacto ambiental, a anticipación á regulación e a busca de fontes alternativas competitivas. Apostamos por substituír a economía lineal baseada en producir, consumir e tirar, por unha economía circular na que se reincorporan ao proceso produtivo unha e outra vez os materiais que conteñen os residuos, para a produción de novos produtos ou materias primas.

No Complexo Industrial A Coruña estamos a traballar en proxectos de economía circular, principalmente narecuperación de lodos biolóxicos da planta TAR na unidade de coque . Con esta iniciativa incorporamos ao proceso produtivo, na planta de coque, os lodos biolóxicos e fisicoquímicos que saen da planta de Tratamento de Augas Residuais (TAR). Este proxecto ten beneficios ambientais porque supón a redución de residuos e tamén xera un aforro no tratamento e xestión de residuos.

Gráfico da economía circular

Doutra banda, podemos destacar a reutilización e doazón de equipos informáticos como o programa máis veterano de economía circular que levamos a cabo desde hai tempo. Con esta iniciativa, os ordenadores que se retiran da Refinería prepáranse para un segundo uso, ben doándoos a entidades sociais que lle poden dar aproveitamento ou se reciclan para que os seus compoñentes teñan unha nova utilidade.

Desde Repsol puxemos en marcha en 2017 a nosa Estratexia de Economía Circular, para deseñar os produtos de forma sostíbel, alongar a súa vida útil, reducir os residuos e aforrar en materiais e enerxía. Esta estratexia transversal xa supera as 120 iniciativas. Promovendo un cambio progresivo que integre esta visión circular nos modelos de negocio, Repsol espera aforrar en custos, obter novos ingresos con produtos ou servizos e un mellor desempeño ambiental da compañía e dos seus clientes.