Puerto Exterior Langosteira

Repsol lévate a O Son Do Camiño

A Refinería convídate a vivir as enerxías de Repsol que impulsan o Festival O SON DO CAMIÑO, que se celebrará do 18 ao 20 de xuño de 2026 no Monte do Gozo, Santiago de Compostela.

Festival a O Son Do Camiño

Para obter dous abonos xerais e desfrutar os tres días de Festival, participa na promoción que estará en marcha do 1 ao 5 de xuño nos programas matinais de Radio Coruña-Cadena SER (Hoy x hoy A Coruña), Cope Coruña (Herrera en Cope Coruña), Radiovoz (Voces de A Coruña) y Onda Cero (Más de uno A Coruña), e estade atentos ás indicacións de participación de cada emisora. O 8 de xuño levarase a cabo o sorteo en cada unha das emisoras participantes.

Consulta as bases de participación depositadas ante notario.

Motor socioeconómico

O Complexo Industrial da Coruña cumpre 60 anos, apostando polas persoas e sendo un dos motores socioeconómicos de Galicia. As súas instalacións ocupan unha extensión de 150 hectáreas e están situadas entre A Coruña e Arteixo.

Ten un equipo humano moi especializado formado por preto de 650 profesionais aos que hai que sumar os máis de 300 empregos indirectos e supera os 3.000 inducidos. Establece un importante tecido empresarial con máis dun centenar de empresas contratistas, na súa maioría de carácter local.

Cifras Repsol

É un dos máximos exportadores de Galicia, representando o 68% do tráfico do Porto da Coruña. E nos últimos sete anos contou con máis de 350 millóns de euros en distintos investimentos de proxectos ambientais, de eficiencia enerxética, seguridade e competitividade. 

Aplicamos a innovación en todos os nosos procesos e estamos certificados cos máximos estándares de seguridade, medio ambiente, calidade e eficiencia enerxética segundo as normas ISO45001,14001,9001 e 50001.

O principal propósito de Repsol é ser unha compañía cero emisións netas en 2050, en liña cos obxectivos establecidos no Acordo de París. Para alcanzar este obxectivo, a nosa compañía fixouse unha esixente folla de roteiro, que inclúe, entre outras iniciativas, a transformación industrial na que o complexo coruñés xa está inmerso para converterse nun polo multienerxético capaz de producir materiais cunha baixa pegada de carbono.

Complejo Industrial

A nosa historia