Novas infraestruturas e equipamentos
Novas infraestruturas e equipamentos
As principais actuacións no novo proxecto inclúen modificacións no Complexo Industrial, ademais da ampliación e instalación de novas infraestruturas e equipamentos no Porto Exterior, para permitir a transferencia de carga e descarga de materias primas e produtos adicionais aos que se trasiegan actualmente.
Investimento de 140 millóns de euros
Investimento de 140 millóns de euros
Destínanse 30 millóns de euros ás modificacións no complexo industrial e 110 millóns de euros á ampliación das instalacións xa existentes e ás novas infraestruturas e equipamentos.
Ampliacións do pantalán
Ampliacións do pantalán
Incorporaranse principalmente novos brazos de carga, un sistema de drenaxe con bombeo e unha área destinada aos sistemas robóticos de seguridade.
Novo frente 2
Novo frente 2
A nova fronte de atracada (fronte 2), estará situado no peirao comercial (A3) contará con preto de 6.000 m2 e permitirá a atracada de buques entre 3.000 TPM e 50.000 TPM.
Ampliación do sistema de bombeo
Ampliación do sistema de bombeo
Ampliarase a superficie do sistema de bombeo existente con 3.700 m2 adicionais e reforzará as instalacións con novas bombas de impulsión que, con máis de 3.000 kW de potencia conxunta instalada, servirán para a trasfega dos produtos e materias primas entre o Porto Exterior e as instalacións industriais.
Interconexions
Interconexions
A compañía realizará a interconexión coa rede interna no Porto Exterior, enlazando tanto a ampliación da fronte 1 no pantalán actual, como a nova fronte 2 coa área do sistema de bombeo.
Novo frente 3
Novo frente 3
Haberá un terceiro frente (frente 3), adosado á cara sur do pantalán actual de Repsol para a atracada de buques entre 8.000 TPM e 80.000 TPM.