Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña presentan o acordo para completar o traslado ao Porto Exterior

Press Release 12/12/2025
  • O presidente de Repsol, Antonio Brufau, e o da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, subliñaron a importancia desta infraestrutura para a competitividade e a economía galega.
  • Repsol investirá máis de 140 millóns de euros na segunda fase do traslado. En total, a compañía enerxética destinará máis de 260 millóns ao traslado dos tráficos actuais da dársena interior na Coruña ao Porto Exterior en Arteixo.

12 December 2025 - 14:42 CET | PDF | 191.80 KB

O presidente de Repsol, Antonio Brufau e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, reafirmaron hoxe o compromiso das dúas entidades coa Coruña e Arteixo durante a presentación do acordo para completar o traslado da terminal marítima ao Porto Exterior. 

Ambos subliñaron a importancia desta infraestrutura para a competitividade e a economía de Galicia no acto celebrado esta mañá e no que tamén interviñeron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible, José Antonio Santano; o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e a directora do Complexo Industrial coruñés, Natalia Barreiro.

Todos los presentes en el acuerdo

Repsol investirá máis de 140 millóns de euros para levar a cabo esta segunda fase do traslado, que supoñerá modificacións tanto no Complexo Industrial como a ampliación das instalacións portuarias en Punta Langosteira (Arteixo). Este investimento engádese aos 126 millóns de euros da etapa inicial, polo que a compañía enerxética destinaría en total máis de 260 millóns ao traslado ao Porto Exterior.

O acordo recolle todos os detalles do traslado do resto das operacións de produtos e materias primas que actualmente se realizan nas instalacións de Repsol no Porto interior, con concesión ata finais de 2027. 

A concesión na dársena exterior –concedida por 35 anos na primeira fase– amplíase outros 15 anos. A ocupación total da compañía en Langosteira alcanzará 129.000 m2 entre superficie terrestre e lámina de auga.

Brufau dando un discurso

O presidente de Repsol, Antonio Brufau, destacou que este proxecto “é unha decisión estratéxica que responde a un triplo compromiso de Repsol: primeiro, con Galicia; despois, con Arteixo e A Coruña, co seu dinamismo económico e o seu tecido empresarial e social e, en terceiro lugar, co impulso do sector industrial, exemplificado na refinería e en centenares de empresas auxiliares que nos apoian e dannos servizo”. Engadiu que “grazas a este entendemento público-privado, Punta Langosteira consolídase como un polo estratéxico para o presente e futuro industrial e enerxético de Galicia”. 

Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, agradeceu ao presidente de Repsol e a todo o equipo da compañía este compromiso co Porto Exterior, destacando que se trata de “unha dos maiores investimentos empresariais dos últimos anos en Galicia e constituirá unha panca de crecemento industrial e de innovación, polo que terá todo o apoio que poida precisar por parte da Autoridade Portuaria”. “Este acordo –engadiu- supón unha lombeirada ao traballo que vimos realizando en todos estes anos para situar ao Porto Exterior como un gran polo industrial. Langosteira xa é a primeira dársena de Galicia en volume de toneladas, unha posición que agora se verá reforzada cun proxecto que creará novas sinerxias e que estará aliñado co obxectivo de conformar un hub enerxético mediante o proxecto Green Port. Un proxecto, o Green Port, que consideramos estratéxico para Galicia e para o conxunto de España no ámbito da transición enerxética”.

 

En 2024, as mercadorías operadas por Repsol en ambas as dársenas alcanzaron os 10 millóns de toneladas, o que representa máis do 60% do tráfico do porto. Desta cifra, 4,2 millóns de toneladas xestionáronse no Porto interior.

Novas infraestruturas e equipamentos

As principais actuacións no novo proxecto inclúen modificacións no Complexo Industrial, cun investimento previsto de 30 millóns de euros, ademais da ampliación e instalación de novas infraestruturas e equipamentos no Porto Exterior, á que se destinarán 110 millóns de euros.

  • O pantalán construído na primeira fase (fronte 1), utilízase actualmente para a descarga de cru. Cun investimento de 10 millóns de euros, nesta segunda fase levará a cabo a ampliación destas instalacións xa existentes para permitir a transferencia de carga e descarga de materias primas e produtos adicionais aos que se trasiegan actualmente. Para iso, incorporaranse principalmente dous novos brazos de carga, un sistema de drenaxe con bombeo e unha área destinada aos sistemas robóticos de seguridade. 
  • A nova fronte de atracada (fronte 2), estará situado no peirao comercial (A3) contará con preto de 6.000 m2 e permitirá a atracada de buques entre 3.000 TPM e 50.000 TPM. A Autoridade Portuaria levará a cabo a obra mariña e a ampliación do peirao existente. Pola súa banda, Repsol cun investimento de 25 millóns de euros, dotará as novas instalacións portuarias con brazos de carga e descarga, sistemas de control e seguridade e instalacións para o persoal de operación.
  • Repsol ampliará a superficie do sistema de bombeo existente con 3.700 m2 adicionais e reforzará as instalacións con novas bombas de impulsión que, con máis de 3.000 kW de potencia conxunta instalada, servirán para a trasfega dos produtos e materias primas entre o Porto Exterior e as instalacións industriais.
  • Ademais, a compañía realizará a interconexión coa rede interna no Porto Exterior, enlazando tanto a ampliación da fronte 1 no pantalán actual, como a nova fronte 2 coa área do sistema de bombeo. Instalaranse distintas interconexións interiores para a trasfega de produtos e materias primas, o que requirirá máis de 15 km de lonxitude de tubaxes.
  • Contémplase a posibilidade de aprobar posteriormente unha terceira fronte, fronte 3, encostado ao cara sur do pantalán actual de Repsol para a atracada de buques entre 8.000 TPM e 80.000 TPM.

Repsol consolídase como un dos principais motores económicos de Galicia grazas á actividade do seu Complexo Industrial na Coruña, que xera máis de 1.000 empregos directos e indirectos e ao redor de 3.000 inducidos. A compañía investiu máis de 420 millóns de euros os últimos anos nestas instalacións industriais e desenvolve proxectos estratéxicos orientados á descarbonización e a economía circular. Ademais, a compañía conta con máis dun millón de clientes na comunidade e dispón doutras infraestruturas relevantes, como plantas de GLP e asfaltos, xunto cunha ampla rede de máis de 240 estacións de servizo.