Ámbito cultural

Premio Narrativa Breve Repsol

 No 2006 nace na refinaría da Coruña o Premio Narrativa Breve Repsol vertebrado de forma conxunta coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, co obxectivo de fomentar a cultura e a lingua galega.

No 2010, a Fundación Repsol toma a substitución da refinaría no impulso do certame, que desde o seu inicio, conta co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como coa estreita colaboración da Editorial Galaxia, que editou as anteriores obras gañadoras.

PNB_Archivo_01

O compromiso de Repsol e a súa Fundación coa cultura galega 

PNB_Recopilación obras

Participa na XVII edición del Premio Narrativa Breve Repsol

O obxecto da iniciativa cultural é impulsar e reforzar a creación de literatura en lingua galega e ser unha vía de promoción para que escritores galegos cheguen aos lectores.

Coñece aos gañadores do Premio

IMA_GALAXIA_PNB 2022_Os corpos dos Romanov

«Os corpos dos Romanov», Alberto Ramos

Unha novela escrita con un estilo de gran precisión, onde salienta a presenza dun narrador solidario que apela á conciencia de quen le, e na cal destaca igualmente a acaída engrenaxe das diversas tramas, que encaixan como as pezas dun reloxo.

Unha historia na que o azar das relacións humanas xunta unha serie de personaxes solidamente construídos, que viven e soñan en Augsburgo e noutras cidades alemás, e nos que se reflicten as inquedanzas e os traumas individuais e colectivos do pasado.

IMA_GALAXIA_PNB 2021_Eternity

«Eternity», Xosé Monteagudo

A obra consegue artellar unha trama na que funden a precariedade laboral, o mundo dixital e a construción da memoria. Sitúanos ante unha serie de desafíos que enfrontamos en ocasións sen decatarnos: como están a mudar as nosas vidas, ata que punto as convertemos en ficción, como se constrúe a historia persoal, como enfrontamos a morte. O xurado da XV edición salienta que, sendo unha novela moi actual na súa relación coas redes sociais, amosa que a natureza do ser humano ten un fondo de preocupacións transcendentes que permanecen.

«Illa Decepcion», Berta Dávila

«Illa Decepcion», Berta Dávila

«Unha novela de auto representación, na que a autora navega polos lugares cotiáns cunha delicadeza estilística que posúe gran elegancia á vez que expón ante o lector cuestións de calado respecto da familia, das relacións interpersoais, da maternidade e da pertenza a un lugar e unha comunidade».

Entre a realidade de Santiago de Compostela, a sutileza na representación pictórica do confinamento, as viaxes soñadas e a rutina das lavanderías de pago, emerxe o universo ficticio de Beautiful Island como metáfora dun mundo en constante redefinición que bebe da emoción das experiencias pasadas para construír o seu territorio vivencial presente.

Estilísticamente, o xurado destaca que lla Decepción «é unha obra escrita con admirábel dominio dos recursos expresivos, extraordinario aproveitamento das imaxes, símbolos e referentes, e unha prosa depurada na que nada sobra e todo é substantivo».

«Diario dun enterro», Gonzalo Hermo

«Diario dun enterro», Gonzalo Hermo

Xacobe, un escritor novo que vive en Barcelona e recibe de súpeto a noticia da morte do seu avó materno. Obrigado a regresar a Eiradona, a vila galega onde naceu, volve atoparse co seu círculo familiar, cunha nai danada polo pasado e os recordos da súa infancia.

O xurado da XIII edición destacou da obra de Gonzalo Hermo o equilibrio entre o fondo e a forma e a regularidade da construción narrativa, así como «a sinxeleza estrutural e o seu estilo depurado, que profunda nun tema universal como son os rituais da morte e o seu impacto nos roles familiares, para debuxar un personaxe protagonista que asume unha oposición ás identidades tradicionalmente atribuídas á súa orixe».

«Extraordinario», Antón Lopo

«Extraordinario», Antón Lopo

«Unha novela sólida, atractiva e ben narrada cunha riqueza temática que se complementa con recursos de tipo irónico e humorístico». Así definiu o xurado esta obra do escritor monfortino, Antón Lopo. O protagonista de «Extraordinario» regresa ao círculo familiar para coidar da súa nai, hospitalizada. A través dá a súa mirada iremos interpretando a personalidade de cada un dos membros da familia, desde a situación presente ata épocas pasadas.

«O Sono das Sereas», Xosé A. Neira Cruz

«O Sono das Sereas», Xosé A. Neira Cruz

O xurado decantouse por esta obra polo «desenvolvemento que presentan os personaxes, a estrutura da novela, perfilada a partir de tres voces que van encadeando unha ficción de intriga e misterio, a súa linguaxe fluída e a intención da novela de dirixirse a un público moi aberto».

"Nordeste", Daniel Asorey

"Nordeste", Daniel Asorey

O xurado destacou en Nordeste a habelencia para recrear dous mundos en interconexión como son o do épico sertão brasileiro e unha ucrónica República Galega. As terras da Bahia, o Rio Grande do Norte ou São Paulo son colonias dunha Galicia de expansión ultramarina que gobernan o Consello Xeral e a Santa Irmandade compostelás, sempre atentas ao que pasa naquelas landas lonxincuas.

"Fontán", Marcos Calveiro

"Fontán", Marcos Calveiro

O xurado decide que se outorgue o premio Repsol de narrativa curta 2015 á obra Fontán polas seguintes razóns: Trátase dunha novela biográfica de fondo histórico que ten como protagonista Domingo Fontán (1788-1866), catedrático de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela que entre 1817 e 1834, elaborou con apenas medios humanos o primeiro mapa científico da nosa terra, A Carta Xeométrica de Galicia. Este mapa xeodésico remátase anos antes de que se realice a carta xeográfica completa de España, a partir dos traballos do militar Carlos Ibáñez del Íbero (1853).

"A diagonal dos tolos", Santiago Lopo

"A diagonal dos tolos", Santiago Lopo

É unha novela de viaxes e duplicidades, ambientada na Illa Reunión e formulada como a fuxida de si mesmo e da historia de dous personaxes afastados cronoloxicamente. Como trasfondo fica a reflexión sobre o home postcolonial, o encontro co outro e o conflito individual coa débeda histórica. Trátase dun percorrido pola chamada "diagonal dos tolos", unha carreira apaixoante contra os propios límites. O xurado destaca a boa construción da trama, a habelencia do autor na dosificación da intriga e o inagardado final.

“O derradeiro libro de Emma Olsen”, Berta Dávila

“O derradeiro libro de Emma Olsen”, Berta Dávila

A obra gañadora é " un exemplar moi interesante dun subxénero literario típico da literatura escrito en inglés chamado Interiors. Moi ben conseguido. Fixo un xogo metaliterario que é sorprendente pola súa madurez " e engadiu que a narración está moi ben adaptada ao número de páxinas, tal e como se pide no Premio.

"A Forma das Nubes", María López Sández

"A Forma das Nubes", María López Sández

A obra gañadora é “unha novela en si, que gaña ritmo, forza e calidade, conforme avanza”. “Es moi suxestiva”e “está chea de chiscos e ollo ao cine e literatura”. E destaco a dificultade da elección debido a gran cantidade de obras presentadas e á variedade temática, “lo que levounos a unha escolla difícil” e animo a cultivar o xénero de novela corta, xa que “é moi conveniente para crear lectores”.

"Microbios e outros paquidermos", Fernando Díaz-Castroverde

"Microbios e outros paquidermos", Fernando Díaz-Castroverde

A obra gañadora pode definirse como “un libro harmonioso, relacionado cos aforismos”, destacando “o uso da a contundencia do breve, utilizando a retranca, o absurdo, a transgresión e a crítica mordaz”. Son microrelatos intelixentes que levan á reflexión, conseguindo un ritmo áxil que convida a facer paradas para o lector. “É un libro para pensar”.

"Os Fíos", Xurxo Sierra Veloso

"Os Fíos", Xurxo Sierra Veloso

O Xurado para dar o Premio “valorou a ironía, a pulida e traballada narrativa do autor, a orixinalidade no tratamento literario, así como o xogo de distanciamento orixinal, que resulta sempre moi intelixente”. Ademais, “é unha obra que lle deixa sempre un espazo aberto ao lector e á lectora”.

"A verdade como mal menor", Xosé Luís Martínez Pereiro

"A verdade como mal menor", Xosé Luís Martínez Pereiro

O Xurado despois dun debate sobre os 32 orixinais presentados valorou o estilo desenfadado co que están os 45 textos narrativos breves que compoñen o libro gañador e que na sua maioría se aproximan ao antiquísimo xénero da facecia”. “A agradable lectura que proporciona o libro, débese en gran parte a fina ironía que desprende do seu conxunto e o humor, as veces corrosivo, propiciador de sorrisos cómplices”.

"Así nacen as Baleas", Anxos Sumai

"Así nacen as Baleas", Anxos Sumai

Xosé Luís Axeitos Agrelo como voceiro do Xurado, destacou a labor do rigoroso xurado que mantivo un intenso debate e que finalmente outorgou o premio á obra de Sumai, calificando a obra como “novela de memoria”, “moi ben escrita, perfeccionista” e engadiu que “chamou a atención a todos vos membros do xurado”.

"Se algún día esta muller morta", Miguel Sande

"Se algún día esta muller morta", Miguel Sande

Nela cóntase, a través dun monólogo intenso e espido, a historia dunha muller maltratada. Un título no que sentimentos, reflexión e forma narrativa serven de refuxio ás arelas dunha muller. Despois de ir ao cinema, coma sempre soa, unha muller decátase de que acaba de ver a súa vida reflectida na pantalla. Miguel Sande explora a historia dunha muller que se nega a aceptar a morte dos sentimentos, a realidade dunha vida en ruínas.

PNB_Entrega colecciones

Entregamos 300 coleccións do Premio Narrativa Breve Repsol á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

En total os centros de lectura van dispoñer de 4.200 exemplares editados por Editorial Galaxia e os lectores van gozar da calidade das obras premiadas e o talento dos seus autores, verdadeiros artífices do galardón.