Produtos e servizos
Produtos e servizos
Ofrecémosche multitude de solucións en función das túas necesidades.
Contacto
Benvido ao Complexo Industrial A Coruña de Repsol. No Complexo Industrial levamos máis de 50 anos crecendo a carón da nosa comunidade. Descubre as diferentes fases polas que pasou no complexo na súa historia, a súas instalacións, o proceso produtivo e as preguntas máis frecuentes.
Para calquera consulta ou suxerstión podes contactar co noso servizo de atención ao cliente.
Produtos e servizos
Ofrecémosche multitude de solucións en función das túas necesidades.
Canle de emprego
Aclara as túas dúbidas ou comeza un proceso de selección connosco. Querémoste escoitar.
Tes dúbidas?
O complexo industrial A Coruña está dotado con seis chemineas principais. Son elementos necesarios para as emisións procedentes dos procesos de refinamento, que cumpren estritamente a normativa ambiental. Como curiosidade é destacábel que a máis alta ten unha altitude aproximada de 150 metros.
Son un dos elementos de seguridade activa máis importantes. A súa función é absorber a descarga de gases no caso de producirse unha situación anómala, como unha parada ou un fallo eléctrico. Os fachos sempre están en funcionamento, aínda que durante o día son case imperceptíbeis a simple vista.
Si, é completamente normal, dado que os fachos sempre teñen un piloto acendido para a queima controlada de gases. De feito durante as Paradas de mantemento e posterior funcionamento das unidades, a chama dos fachos pode ser visualmente máis rechamante, xa que se levan ao facho para a súa combustión os excedentes de gases deses procesos.
Son unhas torres destinadas aos procesos químicos que separan por evaporación distintos compoñentes dunha mestura, como, por exemplo o cru. Case todas as unidades do complexo teñen columnas.
Son instalacións que arrefrían auga por evaporación de parte desta. O aire evapora unha pequena parte da auga, arrefriando o resto. En inverno aparecen columnas de vapor de auga que ascenden ao ceo, xa que se produce a condensación da auga ao arrefriarse polo contacto co aire frío. Non hai que confundir isto con fume, xa que só se trata de vapor de auga.