Instalacións
Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña presentan o acordo para completar o traslado ao Porto Exterior
Última fase do traslado ao Porto Exterior
Completamos o traslado das nosas operacións na Terminal Marítima da Coruña ao Porto Exterior de Punta Langosteira de Arteixo
Instalacións
Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña presentan o acordo para completar o traslado ao Porto Exterior
Cultura
Carmen V. Valiña recibe o Premio Narrativa Breve Repsol pola súa obra Illa de sangue.
Recoñecementos Zinkers
O CEIP Ponte dos Brozos e o IES Rafael Dieste foron galardoados cos mellores centros educativos da zona da Coruña.
Atopa máis información sobre a nosa actividade, os nosos plans de futuro e os nosos compromisos coa contorna
Talento feminino
Coñece as iniciativas nas que participamos.
Motor socioeconómico
O Complexo Industrial da Coruña cumpre 60 anos, apostando polas persoas e sendo un dos motores socioeconómicos de Galicia. As súas instalacións ocupan unha extensión de 150 hectáreas e están situadas entre A Coruña e Arteixo.
Ten un equipo humano moi especializado formado por preto de 650 profesionais aos que hai que sumar os máis de 300 empregos indirectos e supera os 3.000 inducidos. Establece un importante tecido empresarial con máis dun centenar de empresas contratistas, na súa maioría de carácter local.
É un dos máximos exportadores de Galicia, representando o 68% do tráfico do Porto da Coruña. E nos últimos sete anos contou con máis de 350 millóns de euros en distintos investimentos de proxectos ambientais, de eficiencia enerxética, seguridade e competitividade.
Aplicamos a innovación en todos os nosos procesos e estamos certificados cos máximos estándares de seguridade, medio ambiente, calidade e eficiencia enerxética segundo as normas ISO45001,14001,9001 e 50001.
O principal propósito de Repsol é ser unha compañía cero emisións netas en 2050, en liña cos obxectivos establecidos no Acordo de París. Para alcanzar este obxectivo, a nosa compañía fixouse unha esixente folla de roteiro, que inclúe, entre outras iniciativas, a transformación industrial na que o complexo coruñés xa está inmerso para converterse nun polo multienerxético capaz de producir materiais cunha baixa pegada de carbono.
A nosa historia