O Complexo Industrial de Repsol únese á Fundación Jorge Jove para impulsar iniciativas relacionadas co mundo da automoción
A directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro, e o presidente da Fundación Jorge Jove, Ángel Jove, asinaron esta mañá un acordo de cooperación entre ambas as entidades para o impulso de iniciativas relacionadas coa automoción.
No marco de este convenio ao longo de dous anos levarán a cabo conxuntamente experiencias e actividades formativas, culturais ou de investigación que terán como eixo central o mundo do motor e o Museo de Automoción e Historia (MAHI) que se atopa situado en Arteixo (A Coruña).
Este acordo englóbase dentro dos compromisos que o complexo industrial mantén coa súa contorna máis próxima e coa mobilidade, ámbito no que actualmente está a traballar e transformar. Como compañía multienergética, Repsol busca satisfacer calquera necesidade enerxética e de mobilidade a través da creación de novos produtos e servizos que ofrecen solucións sostibles: combustibles cada vez máis eficientes, recarga eléctrica, combustibles renovables, hidróxeno, Autogas ou gas natural vehicular.
O Museo de Automoción e Historia (MAHI)
Inaugurado en decembro de 2023, o Museo de Automoción e Historia (MAHI) alberga unha colección de máis de 300 vehículos únicos, que percorren toda a historia do mundo do motor, e encárgase da súa restauración e conservación grazas aos seus medios humanos e técnicos.
O MAHI forma parte da Fundación Jorge Jove, que foi creada nos anos 90-2000 polo empresario coruñés Ángel Jove Capelán, co obxectivo de promover a historia do mundo da automoción, fomentar a restauración e conservación dos vehículos e a formación de profesionais do sector.