O equipo Repsol supera os obstáculos da XI Carrera Enki
O obxectivo do Carrera Enki é fomentar a integración das persoas con capacidades diferentes e visibilizar o labor de colectivos de persoas con diversidade funcional a través da celebración de actividades lúdico-deportivas.
O Complexo Industrial de Repsol na Coruña apoiou a segunda edición deste proxecto coa edición dos 15.000 dorsais para a Carreira pola Integración.
Ademais, Repsol dentro do compromiso firme e activo que mantén pola integración de persoas con capacidades diferentes, contou co apoio de empregados e achegados que non dubidaron en participar na carreira.
Diversión e o traballo en equipo foron os ingredientes para que grandes e pequenos superasen, por unha boa causa, as barreiras que afrontan as persoas con capacidades diferentes no seu día a día.