A Coruña e os ODS

Na refinaría de A Coruña, contribuímos aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) das Nacións Unidas apoiando a Axenda 2030. A través das iniciativas establecidas no noso Plan de Sustentabilidade, pretendemos responder ás necesidades da comunidade de A Coruña con proxectos específicos e innovadores aos que nos comprometemos publicamente.

A Axenda 2030, un ambicioso plan de acción adoptado en 2015 na Cimeira de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas, deseñouse para abordar os principais desafíos do noso tempo e garantir o desenvolvemento sostible da nosa sociedade.

Puerto A Coruña

Contribuímos ao desenvolvemento sostible esforzándonos por satisfacer a demanda enerxética actual.

Alineados cos obxectivos da Axenda 2030

A sustentabilidade nos procesos industriais é a nosa prioridade, por iso contribuímos activamente á consecución dos ODS a través de numerosas iniciativas establecidas no noso Plan Local de Sustentabilidade.

ODS

O papel de Repsol e a súa contribución aos ODS

En Repsol, estamos aliñados coa Axenda 2030 das Nacións Unidas e contribuímos aos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), cos que pretendemos construír un futuro mellor para todas as persoas. Así é como os poñemos en práctica na nosa empresa. 

Como contribuímos desde A Coruña aos ODS?

Coñece as accións locais que reflicten o noso compromiso co desenvolvemento sostíbel da sociedade e as contornas onde levamos a cabo a nosa actividade industrial.

  Saúde e benestar

  • Plan cardiosaudábel para empregados. Realizamos un estudo individualizado aos empregados que presenten riscos cardiovasculares, para a prevención de problemas graves.

  Educación de calidade

  • Colaborar con centros educativos na formación de estudantes. Consideramos a formación unha das bases máis importantes do futuro dos mozos da nosa Comunidade. Por esta razón, realizamos distintas actuacións en materia de educación, como a renovación do convenio de Formación Profesional Dual, bolsas a alumnos de FP e actividades de difusión de Ciencia e Tecnoloxía cos centros educativos da Coruña e Arteixo.
  • Levar a cabo proxectos sociais, educativos, culturais e deportivos coa contorna. Apoiamos o desenvolvemento de proxectos de ámbito social con entidades e asociacións sen ánimo de lucro. Desenvolveremos proxectos educativos nos centros de ensino da nosa contorna. Realizamos convenios coa Administración e entidades locais para a participación en programas culturais e actividades deportivas. Establecemos colaboracións con asociacións de veciños e entidades da contorna da refinaría para apoialos no desenvolvemento de proxectos e actividades.
  • Convenios e actuacións con entidades externas en materia de seguridade. Levamos a cabo acordos asinados mediante convenio ou de colaboración con entidades para apoiar actuacións en materia de seguridade; principalmente formación de profesionais en Galicia.

  Auga limpa e saneamento
  • Investir en melloras e actuacións medioambientais. Executamos o Plan de Investimentos do Complexo Industrial no seu capítulo ambiental, cun orzamento de investimento de 450 000 euros.
  • Realizar proxectos de economía circular en materia de medio ambiente. Estamos a impulsar unha estratexia de economía circular que busca a eficiencia operativa, a redución do impacto ambiental, a anticipación á regulación e a busca de fontes alternativas competitivas.

  Enerxía accesíbel e non contaminante

  • Desenvolver o noso plan de redución de CO2. Melloramos a implantación de medidas que axudan á redución do CO2 na atmosfera.

  Traballo decente e crecemento económico

  • Colaborar coa Xunta de Galicia nas actuacións que se propoñan para o mantemento do Plan de Urxencia Exterior do Polígono A Grela Bens. Mantemos unha relación fluída coa Xunta de Galicia, responsábel do Plan de urxencia do polígono da Grela Bens e levamos a cabo actuacións para o mantemento e actualización do plan.
  • Campaña de comunicación interna e externa das nosas Paradas Xerais. Levamos a cabo plans de comunicación dirixidos ao público interno e externo, que dan a coñecer de forma transparente os aspectos máis importantes das paradas, tanto de actividade como de medio ambiente e seguridade.
  • Contribuír á integración social e laboral de persoas en risco de exclusión social ou con discapacidade. Asinamos convenios ou apoiamos proxectos de colaboración con entidades para a realización de actividades de integración; así como a formación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión para que poidan acceder ao mundo laboral.
  • Promover a transformación cultural, definindo un plan de acción para mellorar o clima interno dos empregados. Implantamos melloras para que a enquisa de cultura permita mellorar os resultados de anos anteriores.
  • Comunicar información relevante en materia de Seguridade. Elaborásense e divúlganse entre o persoal propio e de compañías auxiliares un mínimo de 10 comunicacións de temas relevantes de seguridade, leccións aprendidas de incidentes e notas informativas de seguridade sobre temas específicos.
  • Convenios e actuacións con entidades externas en materia de seguridade. Levamos a cabo acordos asinados mediante convenio ou de colaboración con entidades para apoiar actuacións en materia de seguridade; principalmente formación de profesionais en Galicia.
  • Investir en melloras e actuacións de seguridade. Cumprimos coas normas que integran o capítulo de Seguridade do plan de investimentos, cun investimento de 15 millóns de euros específicos en seguridade.
  • Traballaremos en reforzar a cultura de seguridade de procesos na nosa organización. Ofrecemos novas iniciativas a todo o persoal do Complexo para compartir experiencias e dialogar sobre a mellora continua en Seguridade, mediante o compromiso individual e colectivo.

  Industria, innovación e infraestrutura

  • Participaremos no proxecto de dixitalización da Refinaría. Somos parte activa na mellora da implantación dixital na refinaría. A Dixitalización pon ás persoas (clientes, empregados, provedores, …) no centro, como artífices da mellora, a través das novas tecnoloxías dixitais e as novas formas de traballo.

  Redución das desigualdades

  • Contribuír á integración social e laboral de persoas en risco de exclusión social ou con discapacidade. Asinamos convenios ou apoiamos proxectos de colaboración con entidades para a realización de actividades de integración; así como a formación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión para que poidan acceder ao mundo laboral.
  • Levar a cabo proxectos sociais, educativos, culturais e deportivos coa contorna. Apoiamos o desenvolvemento de proxectos de ámbito social con entidades e asociacións sen ánimo de lucro. Desenvolvemos proxectos educativos nos centros de ensino da nosa contorna. Realizamos convenios coa Administración e entidades locais para a participación en programas culturais e actividades deportivas. Establecemos colaboracións con asociacións de veciños e entidades da contorna da refinaría para apoialos no desenvolvemento de proxectos e actividades.

  Cidades e comunidades sostíbeis

  • Reducir as emisións de partículas. Avanzamos en distintas actuacións dun proxecto que con 19 millóns de euros de investimento ten como obxectivo reducir a emisión de partículas nunha das unidades de conversión. Neste ano están a realizarse actuacións previas á execución que inclúen a enxeñaría de detalle e toda a planificación da parada.

 Produción e consumo responsábeis

  • Investir en melloras e actuacións medioambientais. Executamos o Plan de Investimentos do Complexo Industrial no seu capítulo ambiental, cun orzamento de investimento de 450 000 euros.
  • Realizar proxectos de economía circular en materia de medio ambiente. Impulsamos unha estratexia de economía circular que busca a eficiencia operativa, a redución do impacto ambiental, a anticipación á regulación e a busca de fontes alternativas competitivas.
  • Reducir as emisións de partículas. Avanzamos en distintas actuacións dun proxecto que con 19 millóns de euros de investimento ten como obxectivo reducir a emisión de partículas nunha das unidades de conversión. Neste ano realizaránse actuacións previas á execución que inclúen a enxeñaría de detalle e toda a planificación da parada.

  Acción polo clima

  • Desenvolver o noso plan de redución de CO2. Melloramos a implantación de medidas que axudan á redución do CO2 na atmosfera.

  Paz, xustiza e institucións

  • Campaña de comunicación interna e externa da Parada Xeral de Conversión. Levamos a cabo un plan de comunicación dirixido a público interno e externo, que dá a coñecer de forma transparente os aspectos máis importantes da parada, tanto de actividade como de medio ambiente e seguridade.
  • Comunicación fluída coa contorna inmediata da refinaría. Mantemos a comunicación coas asociacións veciñais da contorna mediante reunións periódicas para coñecer as súas inquietudes e estreitar a vinculación coa comunidade.
  • Favorecer a transparencia e competencia xusta nos modelos de licitacións de contratacións. Potenciamos a competencia xusta e as boas prácticas en contratacións mediante a aplicación de procesos de certificación que garantan os estándares de calidade, seguridade, medio ambiente e xestión, de maneira que a contratación de compañías auxiliares resulte sempre altamente transparente.
 

  Paz, xustiza e institucións

  • Velar polo coñecemento e cumprimento do Código de Ética e Conduta da Compañía por parte dos empregados. Continuamos reforzando a formación dos nosos empregados no Código de Ética e Conduta, de obrigado cumprimento para todos os profesionais de Repsol.
  • Fomentar a comunicación activa coa sociedade de Puertollano potenciando as actividades de divulgación de ciencia e enerxía entre estudantes. Levamos a cabo accións de comunicación, transparentes e proactivas coa sociedade de Puertollano usando diferentes soportes e medios de difusión. Incidimos nos temas relevantes e que preocupan aos cidadáns detectados na enquisa de contorna e reforzaremos a difusión da ciencia e a enerxía entre estudantes de diferentes niveis educativos.