O complexo industrial de Repsol patrocina o 27º Campionato de España do Autocross de Arteixo
O complexo industrial de Repsol patrocina por décimo ano a proba do Campionato de España do Autocross (CEAX) de Arteixo, un evento deportivo referente no mundo do automobilismo nacional que se disputará os días 4, 5 e 6 de agosto no circuíto José Ramón Losada.
Esta mañá celebrouse no Concello de Arteixo a presentación da XXVII edición que contou coa presenza do alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, a concelleira de Deportes, Purificación Zas, o presidente da Pena Autocross de Arteixo, David Arcay, e o director de Produción do complexo industrial de Repsol, Marcos Diéguez.
Á presentación tamén asistiron algúns dos pilotos que competirán no trazado arteixán: Roberto Blach, Laura Lista, Antón Muiños, Sergio Bello e Yoanna Llorente, trasladaron aos asistentes as súas emocións e ganas por competir na proba deportiva da fin de semana.
Pola súa banda, o director de Produción do complexo industrial de Repsol quixo destacar durante o seu intervención o extraordinario labor que realiza o equipo humano que conforma o Autocross de Arteixo que, desde a súa creación en 1982, consegue atraer ata o circuíto José Ramón Losada a 5.000 afeccionados do motor.
Máis de 130 participantes
Este ano o evento deportivo conta con 134 pilotos rexistrados nas seis categorías da proba que Repsol apoia desde o 2012 dentro do seu compromiso coa súa contorna máis próxima e o mundo de motor.
Así figuran inicialmente 17 pilotos en División 1 (a de turismos de tracción total e prototipos), 24 en División 2 (turismos de tracción dianteira ata 2.000 c.c), e 12 en División Buggy, categoría destinada aos monoplazas de gran cilindrada e tracción total.
En Car Cross chegouse aos 42 pilotos rexistrados e a categoría Car Cross Series contará con 24. Para finalizar, en Júnior Car Cross participarán un total de 15 novos pilotos con idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos.