O Complexo Industrial de Repsol patrocina o Campionato de España de Autocross en Arteixo

Press Release 08/08/2024
  • O evento deportivo disputarase os días 9, 10 e 11 de agosto no circuíto José Ramón Losada.
  • Este ano 134 pilotos participarán na proba que o Complexo Industrial apoia desde o 2012, dentro do seu compromiso co mundo de motor e a súa contorna máis próxima.
  • Os vehículos da organización do evento circularán esta fin de semana con diésel 100% renovable que Repsol xa ofrece en máis de 385 estacións de servizo da Península Ibérica.
  • Para Repsol o patrocinio de competicións de motor forma parte do seu ADN e leva máis de 50 anos colaborando en distintas modalidades, desde o motociclismo ao voo acrobático.

| PDF | 67.69 KB
Presentación Campionato de España de autocross en Arteixo

O Complexo Industrial de Repsol patrocina a proba do Campionato de España do Autocross (CEAX) en Arteixo, un dos eventos deportivos referentes no mundo do automobilismo nacional e que se disputará os días 9, 10 e 11 de agosto no circuíto José Ramón Losada.

Esta mañá celebrouse no Concello de Arteixo a presentación da 28ª edición que contou coa presenza do alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, a concelleira de Deportes, Purificación Zas, o presidente da Pena Autocross de Arteixo, David Arcay, e o director de Produción do Complexo Industrial de Repsol, Marcos Diéguez.  Á presentación tamén asistiron algúns dos pilotos que competirán no trazado: Sabino García, Diego García, Emiliano Fuenzalida e Yoanna Llorente

Este ano o evento deportivo contará con 134 pilotos rexistrados nas seis categorías desta proba que Repsol apoia desde o 2012, dentro do seu compromiso co mundo de motor e a súa contorna máis próxima. Figuran 19 pilotos en División 1 (turismos de tracción total e prototipos), 21 en División 2 (turismos de tracción dianteira ata 2.000 c.c), e 13 en División Buggy (categoría destinada aos monoplazas de gran cilindrada e tracción total). En Car Cross chegouse aos 45 pilotos rexistrados e a categoría Car Cross Series contará con 22. Para finalizar, en Junior Car Cross participarán un total de 14 novos pilotos con idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos.

28º Campionato de España de Autocross (CEAX)

A Peña Autocross de Arteixo é unha organización deportiva creada hai máis de 30 anos por un grupo de afeccionados ao automobilismo, e en particular á categoría do cross. 

Desde a súa formación en 1982 promove anualmente diferentes probas entre as que se atopa o Campionato de España de Autocross (CEAX) e que consegue atraer ata o circuíto José Ramón Losada a 5.000 afeccionados do motor. 

Este ano o CEAX comezará na tarde do venres 9 de agosto coas verificacións administrativas e técnicas optativas dos vehículos participantes. O sábado 10 de agosto realizaranse as clasificacións oficiais e o domingo 11 de agosto celebraranse as diferentes finais. 

As entradas poderanse adquirir a partir do venres no propio despacho de billetes do circuíto José Ramón Losada.

Ademais, como novidade, os combustibles renovables de Repsol estarán presentes na proba desta fin de semana, e é que os vehículos da organización do evento circularán con diésel 100% renovable. Unha nova alternativa que Repsol xa ofrece en máis de 385 estacións de servizo da Península Ibérica, tres delas en Galicia (A Coruña, Coirós e Vigo) e cunha previsión dunha decena a finais de ano.

Compromiso cos deportes do motor

Para Repsol o patrocinio de competicións do motor forma parte do seu ADN e leva máis 50 anos colaborando en distintas modalidades, desde o motociclismo ao voo acrobático. A alta competición representa para a compañía o mellor banco de probas dos produtos que desenvolve, como os combustibles renovables que este ano xa supuxeron o 40% do carburante en MotoGP.

Pola súa banda, o Complexo Industrial coruñés, ao compromiso co Autocross de Arteixo súmalle este ano o acordo de cooperación asinado coa Fundación Jorge Jove. Conxuntamente, Repsol e Fundación, impulsarán ao longo de dous anos, actividades formativas, culturais e de investigación que terán como eixo central o mundo do motor e o Museo de Automoción e Historia (MAHI), que se atopa situado en Arteixo.