Proceso produtivo

O noso obxectivo en Repsol é establecer un fornezo de enerxía cada vez máis seguro, sostíbel e competitivo. Para iso, aplicamos a innovación nas nosas técnicas e equipos xa que é un elemento fundamental da estratexia.

Matraces de laboratorio

Tecnoloxía de vangarda detrás dos nosos equipos e de todo o noso proceso produtivo.

Dende o propio Complexo Industrial A Coruña e o Repsol Technology Lab trabállase constantemente en proxectos que ofrezan novas opcións para o noso futuro. Algún dos proxectos máis destacados de innovación son:

  • Gas natural de baixa presión nas Unidades de Coxeración
  • Hidrotratamento catalítico de aceites e vexetais 
  • Proxcto Nepxus

Outro bo exemplo da nosa aposta pola innovación está no proceso de produción do complexo industrial, que goza dunha calidade certificada. O proceso comeza na nosa terminal marítima no porto da Coruña. Os barcos descargan o cru, a nosa materia prima, que se envía ás nosas instalacións a través do oleoduto que conecta as dúas zonas. 

Unha vez no complexo, o cru almacénase nos nosos tanques, para daquela ser traspasado de novo cara ás nosas torres de destilación. Alí sométese ao cru a unha temperatura concreta e divídese en distintos compostos, dependendo do seu punto de ebulición. 

Todos estes materiais clasifícanse e envíanse a diferentes seccións do complexo, onde serán tratados debidamente para obter produtos útiles. Nas torres quedará, con todo, un residuo de cru demasiado pesado para o proceso de destilación normal. Este composto envíase ás unidades de craqueamento catalítico e de coque, onde se procesa e se converte en materiais útiles. 

Todo o proceso é supervisado nas salas de control, onde cada unidade de produción é supervisada para evitar calquera tipo de irregularidade. O cru e os produtos finais tamén son analizados no laboratorio.

Estación de servizo Repsol

Combustíbeis de alta tecnoloxía

Algún dos produtos finais que producimos nas nosas instalacións son gasolinas – 5000 litros por minuto- egasóleos – 3000 litros por minuto-. Ademais de queroseno e outros combustíbeis de aviación. 

Dentro dos combustíbeis producimos múltiples variedades de GLP (gases licuados do petróleo) destinados ao uso doméstico, como o gas propano e o gas butano. É importante salientar que nosa refinaría é capaz de producir 500 quilogramos por minuto deste tipo de produtos, o que equivale ao consumo anual dunha familia enteira. 

Para a industria pesqueira e a agraria destínanse produtos como o gasóleo B e o GLP náutico

Mostras de plástico

Plásticos con infinidade de usos

Outros dos nosos compoñentes, como as naftas, serven de materia prima para a fabricación de plásticos e químicos

O poliestireno  forma parte da nosa vida cotiá xa que se utiliza en obxectos como os anteparos de ducha ou como compoñente para neumáticos. Os termoplásticos  úsanse para practicamente todos os electrodomésticos. O poliuretano é a base para a creación dos colchóns e o propileno é un material moi usado en utensilios de cociña. 

Ademais, moitos produtos químicos provenientes das refinarías son usados a diario. A maquillaxe ten derivados do petróleo e hai un gran número de material medicinal que ten en maior ou menor medida compoñentes petroquímicos. Temos como exemplos as anestesias derivadas do éter etílico, os parches transdérmicos ou as válvulas cardíacas protesistas

Montaña de coque

Outros produtos

O xofre  que extraemos dos demais produtos utilízase, entre outras aplicacións, como fertilizante; asfalto  para estradas; coque  (carbón) para industrias siderúrxicas e cementeiras, ou fuel óleo  para alimentar plantas de enerxía eléctrica, caldeiras e fornos. 

Sumado a todo o anterior, a refinaría produce enerxía eléctrica cunha potencia instalada de 80 MW coa que pode autoabastecerse e, ademais, exportar á rede. Comparativamente, nunha hora o complexo produce unha cantidade de enerxía equivalente a dúas veces o consumo dun municipio como A Coruña.