Empregados do Complexo Industrial e as súas familias coñecen Coawa, a comunidade da auga
Empregados e as súas familias coñecen coñecen Coawa, a comunidade da auga impulsada pola Cátedra Emalcsa-UDC e que nace para vincular ás persoas e ás empresas coa súa contorna natural e en especial coa auga.
A través dun roteiro guiado polo encoro de Cecebre os asistentes coñeceron da man de expertos naturalistas do grupo naturalista Hábitat a importancia do bosque, e de como as especies de flora e fauna que o habitan son fundamentais para manter a calidade deste ben natural.
Coawa é un programa de divulgación e sensibilización que ten como piar fundamental a auga e a contorna natural de Cecebre. No seu ano de vida participaron nalgún dos seus proxectos e accións máis de 15.000 persoas.
Esta actividade atópase dentro da Semana Internacional de Voluntariado de Fundación Repsol, na que os empregados, as súas familias e os xubilados da compañía participan en actividades colaborativas de maneira simultánea, con entidades sociais co obxectivo de impulsar a transformación social e ambiental.
Xestión da auga
Para Repsol é unha prioridade a xestión sostible da auga e na súa folla de roteiro fíxanse as principalles liñas de acción nas que está a traballar. A compañía está adherida ao CEO Water Mandate, iniciativa liderada polo Pacto Mundial de Nacións Unidas en colaboración co Pacific Institute para abordar os desafíos urxentes da auga relacionados coa escaseza, a calidade, a gobernabilidade e o acceso á auga e ao saneamento.
Pola súa banda, o compromiso do Complexo Industrial, aliñado cos Principios Fundamentais de Medio Ambiente de Repsol e en liña ao ODS 6 Auga limpa e saneamento, é minimizar a achega de auga fresca nas operacións e fomentar todas aquelas solucións a nivel operacional que garanten o uso responsable, a redución do consumo e a reutilización.