Repsol promove en colaboración con ADOS unha xornada de doazón de sangue nas instalacións do seu complexo industrial coruñés
O complexo industrial de Repsol na Coruña acolleu unha xornada de doazón de sangue organizada pola Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue (ADOS). Trátase dunha das citas marcadas no calen-dario do centro industrial, que cada ano promove xunto a ADOS dúas campañas de doazón para que o seu persoal e traballadores de empresas auxiliares poidan salvar vidas en apenas dez minutos do seu tempo.
Nesta ocasión foron preto de 25 os voluntarios que contribuíron ao case medio milleiro de doazóns de sangue que precisan os hospitais galegos para realizar intervencións cirúrxicas, transfusións, obter litros de plasma utilizable ou realizar transplantes. Os empregados foron atendidos por persoal sanita-rio que se encarga do seu benestar durante a súa doazón nunha das unidades móbiles de ADOS e recibiron un refrixero tras o seu extracción de sangue.
Desde Repsol e a Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue agradecemos enormemente a todos os doantes a súa solidaria participación que é clave para o éxito destas campañas que salvan vidas.
Non perdas o bus e doa sangue
ADOS é a axencia galega encargada de subministrar os compoñentes sanguíneos as 24 horas do día a todos os hospitais de Galicia para que poidan desenvolver a actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.
Cada día, as extraccións de sangue recollidas nos locais de doazón e nas dez unidades móbiles que percorren Galicia envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
Así que se tes máis de 18 anos, unha saúde normal e pesas máis de 50 quilos podes doar sangue en calquera das unidades móbiles de ADOS, só precisas dez minutos do teu tempo para salvar vidas. Non perdas o bus e doa sangue.
Máis información: Axencia de Doazón de Órganos e Sangue