O Complexo Industrial achega ciencia e enerxía na Coruña a través do seu talento feminino

  • Inspiración e aprendizaxe a través de varias mulleres e nenas que apostan pola enerxía para liderar e impulsar o cambio. 
  • Desde Complexo Industrial conmemoramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia mostrando o noso talento en diferentes iniciativas celebradas na cidade.
Día da Muller e a Nena na Ciencia

O IX Congreso Inspiring Women Leaders organizado por W Startup Community na Universidade da Coruña (UDC) contou co patrocinio de Repsol e a participación de Cristina Diezma, analista Sr. de M&A, quen achegou aos asistentes as iniciativas que temos para detectar e apoiar novas tecnoloxías e negocios que nos axudan a alcanzar os obxectivos de descarbonización.

O Congreso Internacional tamén contou coa participación de M.ª Ángeles Arroyo, xerente Sr. Do Centro de IA Xenerativa de Repsol.

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Esa mesma mañá, Natalia Barreiro, directora do Complexo Industrial, participou nunha mesa redonda da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), que buscaba recoñecer a importancia da participación feminina na ciencia e a tecnoloxía e sensibilizar sobre a necesidade de aumentar a representación das mulleres nestes campos.

Día da Muller e a Nena na Ciencia

En 2023 o equipo “Tech4Help” de Repsol Digital Girls da Coruña conseguiu o primeiro premio na final rexional do Technovation Girls Madrid, na categoría de beginners. Este ano o equipo embárcase de novo no concurso xunto aos seus mentores Susana Benedicto e Óscar Otero, trabajadores do Complexo, e non dubidaron en achegarse ao programa Voces da Coruña de Radio Voz para a través das ondas servir de inspiración a outras nenas.

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Por último, ‘Muller e Ciencia no futuro do Hidróxeno’ unha xornada sobre a presenza da muller no sector do hidróxeno verde organizada pola Asociación Galega do Hidróxeno (AGH2) contou coa participación de Raquel Lasierra, xerente de Desenvolvemento de Negocio. Xunto a destacadas profesionais científicas e directoras de diversas compañías analizou os desafíos que enfrontan as mulleres en posicións executivas e técnicas, resaltando que máis do 50% da dirección de H2 en Repsol está composta por mulleres.

A igualdade de xénero e a diversidade convertéronse en piares fundamentais para o progreso económico e social e desde Repsol seguimos trasladando cada día a importancia de potenciar o talento feminino no sector industrial.