A nosa contorna

Ámbito social

No Complexo Industrial A Coruña estamos comprometidos coa nosa contorna desde 1964. Colaboramos coa nosa comunidade no ámbito social ben sexa de forma individual ou xunto á imprescindíbel colaboración de Fundación Repsol.

Cada ano traballamos para sacar adiante proxectos sociais de entidades locais e que estean dirixidos a colectivos vulnerábeis, discapacidade e dependencia.

Vista da contorna do complexo da Coruña

Traballamos constantemente con diversas entidades para desenvolver proxectos que axuden á sociedade.

manos-unidas-planta.jpg

A Refinaría de Repsol na Coruña

Os últimos proxectos polos que apostamos foron, por unha banda:

  • O proxecto «Iniciándonos e Entendéndonos» de ACLAD (Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga da Coruña).
  • O proxecto «Acompáñote» de Cáritas Interparroquial.
  • O proxecto «Hogar» da Fundación Hogar Santa Lucía.
  • O proxecto «Arte e emocións» da Asociación Diversos.
  • O proxecto «Viaxe cara á Vida» de Terra de Homes.

Estes proxectos centran os seus obxectivos en favorecer a promoción e desenvolvemento integral das persoas en situación de pobreza e vulnerabilidade, contribuíndo á igualdade de oportunidades e a inserción social. Buscan promocionar o desenvolvemento social e educativo de nenos e mozos de familias en situación de pobreza, así como atender necesidades básicas, ou promocionar hábitos saudábeis e mellora na calidade de vida.

Doutra banda, tamén apoiamos:

  • O proxecto «Deporte sen barreiras» de ASPACE Coruña.
  • O Proxecto «Equinoterapia» da AsociaciónWest Galicia
  • O Proxecto «Lecer inclusivo» de Down Coruña.

Estas dúas iniciativas promoven a calidade de vida das persoas con discapacidade, lecer inclusivo e desenvolvemento psicosocial deste colectivo.

E tamén mantemos un longo compromiso co Banco de Alimentos Rías Altas realizando anualmente distintas doazóns e campañas de recollida entre empregados.