Educación

Promovendo a educación

Prestamos especial atención a desenvolver iniciativas para que escolares con risco de exclusión continúen os seus estudos. Así mesmo, no noso Complexo Industrial A Coruña apostamos polo futuro profesional dos mozos, apoiando a Formación Profesional (FP).

Dous estudantes sorrín fronte ao ordenador

En Repsol apostamos pola educación como un piar fundamental para o futuro.

Para conseguir estes obxectivos adherímonos ao sistema da FP dual, impulsando o Ciclo Superior de Química Industrial. Tamén colaboramos coas distintas universidades galegas facilitando prácticas de estudantes, foros, xornadas técnicas e doazón de equipos.

Ademais, na contorna da Refinaría da Coruña, promovemos numerosas actividades vinculadas á educación e promoción de vocacións científicas entre os escolares, como os talleres Aprendenerxía, a Semana da Ciencia e a Enerxía de FundaciónRepsol ou o impulso ás carreiras STEM.

Nena xogando con robótica

STEM

A innovación e a tecnoloxía forma parte do ADN de Repsol e por iso promovemos a formación de vocacións científicas entre os nosos mozos. Impulsamos o interese dos nenos e mozos polas disciplinas STEM: ciencias, tecnoloxía e matemáticas, promovendo a formación de profesionais nestas áreas.

Un exemplo diso é a recompensa ao esforzo deste grupo de estudantes galegos, acompañándoos á World Robot Olympiad, a competición internacional de robótica educativa máis importante do mundo.

#SorteGalegos

 

En Tailandia Jacobo, Juan e Álvaro construíron un robot innovador que deu resposta ao reto sobre o que se centrou este ano a competición: a sustentabilidade alimentaria, a forma en que cultivamos, compartimos e consumimos alimentos.

Coa campaña #SorteGalegos animámoslles e recoñecemos o mérito destes nenos galegos. Axudalos a cumprir o seu soño de participar no mundial de robótica foi para Repsol a oportunidade de colaborar nun proxecto educativo da Coruña que premia o esforzo e o talento destes pequenos xenios da robótica.