Repsol apoia a World Robot Olympiad Galicia 2024
Esta fin de semana celebrouse a sétima edición da “World Robot Olympiad” (WRO GALICIA 2024) organizado por Arkitas Robótica, na que participaron máis de 40 escolares coruñeses. O complexo industrial de Repsol na Coruña foi un ano máis, patrocinador oficial desta competición robótica celebrada no Muncyt, dentro do seu compromiso educativo e aposta polas iniciativas STEM.
A World Robot Olympiad (WRO) é un campionato educativo de robótica con alcance internacional que ofrece a nenas e nenos unha oportunidade única para achegarse de maneira divertida á tecnoloxía e a enxeñería. Promovido pola entidade World Robot Olympiad Association e coordinado a nivel nacional pola Fundación EducaBOT.
Os 12 equipos participantes na competición, con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos, tiveron que superar cos seus robots distintos retos nos taboleiros de competición, relacionados coa terra e a sustentabilidade.
Estiveron distribuídos en catro categorías: ROBOBASIC e ROBOMISSION (ELEMENTARY, ROOKIE e JUNIOR).
Estes gañadores de cada categoría do Torneo participarán na final nacional que este ano será en Huércal (Almería) do 14 ao 15 de setembro e, alí quen logre o primeiro posto da súa categoría na nacional, obterán unha praza para competir do 28 ao 30 de novembro na final internacional, que se celebrará en Izmir (Turquía).
A maior dificultade e o maior mérito radica en ser capaces de memorizar tanto a montaxe dos robots (os kits de robótica chegan completamente desmontados ao evento) sendo capaces de construílos e programalos nun tempo récord de 2 horas e media, sen axuda do seu adestrador, antes de saír a competir aos correspondentes taboleiros.
En Galicia, con este, xa son sete os torneos celebrados grazas á empresa coruñesa Arkitas Robótica, que se dedica desde hai 10 anos á formación en programación e robótica educativa de nenos e adultos. Desde entón, foron numerosos os equipos coruñeses e galegos que chegaron a distintas fases nacionais e dúas os equipos que alcanzaron as fases internacionais de Nova Deli (2015) e de Tailandia (2018).
Repsol: Promovendo as iniciativas STEM
En Repsol cremos que a educación e un mellor coñecemento das ciencias, a tecnoloxía ou as matemáticas constitúen unha panca de desenvolvemento na nosa contorna. A innovación e a tecnoloxía forman parte do noso ADN e por iso promovemos a formación de vocacións científicas entre nenos e mozos a través das disciplinas STEM.