Repsol participa no I Foro Cátedra NTT Data Diversidade e Tecnoloxía

I Foro Cátedra NTT Data Diversidad y Tecnología

A responsable de Planificación, Organización e Servizos do departamento de Persoas e Organización do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, Noemí Candal, participou na mesa redonda "A diversidade e a inclusión como panca para afrontar con éxito o futuro", do I Foro Cátedra NTT Data Diversidade e Tecnoloxía organizado polo diario dixital O Quincemil do Español.

A mesa moderada pola directora xeral de Fundación Diversidade, Sonia Río, contou tamén coa presenza da técnica de selección Vegalsa, Fanny López Amado Fraga, o responsable de Diversidade España de NTT Data, Antón Madruga, e o director rexional Adecco A Coruña e Asturias, José Oreiro Pérez. Todos xunto a Noemí Candal defenderon a importancia do talento diverso nas em-presas como protagonista transformador da tecnoloxía.

A responsable de Planificación, Organización e Servizos do departamento de Persoas e Organización explico aos asistentes como no complexo industrial traballan conxuntamente ata cinco xeracións diferentes con inquietudes e calidades diferentes e como se nutren desa diversidade en programas de mentoring organizados pola empresa.

"Poñemos en valor a captación de novo talento, zume novo con ganas de achegar valor na nosa compañía, pero sen perder o foco nesa xeración que desenvolve a súa carreira profesional e que ten outras necesidades e outros focos"

Noemí Candal tamén destacou durante a súa intervención, a importancia de liderado feminino destacando que as instalacións coruñesas están dirixidas por Natalia Barreiro, acompañada dun comité de dirección paritario e que ademais hai un 58% de mulleres en postos de liderado no persoal.

Orgullosos de ser enerxía para todos

En Repsol defendemos que a diversidade xeracional, cultural, sexual, de xénero e a integración de persoas con capacidades diferentes, contribúen á xeración de ideas e perspectivas distintas e innovadoras, achegando un valor engadido que permite beneficiarnos dunha aprendizaxe mutua sobre a base do principio de igualdade e non discriminación que rexe todas as nosas actuacións.

Traballamos para crear unha contorna inclusiva e baseamos todas as nosas actuacións baixo o principio de igualdade e non discriminación, creando así un ambiente respectuoso que permita desenvolver o talento na súa máxima expresión.