Celebramos o Día Internacional da Muller xunto a dous profesionais con enerxía

  • Cada vez son máis as mulleres que elixen dedicarse ao mundo da industria por vocación e van gañando relevancia e protagonismo no sector enerxético.
Día Internacional da Muller

Susana Benedicto, coordinadora de Transformación Industrial do Complexo da Coruña, é unha das referentes do sector elixida por alumnos de secundaria do IES David Bujan de Cambre (A Coruña) para realizar con éxito una das probas da Olimpíada da Enerxía.

O certame que celebra a súa primeira edición en Galicia é un proxecto de divulgación científica orientado a ampliar o coñecemento e comprensión da ciencia e a tecnoloxía e levado a cabo pola Universidade de Vigo.

A coordinadora de Transformación Industrial do Complexo recibiu aos estudantes nas instalacións coruñesas e tras ofrecerlles unha xornada divulgativa para coñecer o traballo de Repsol na Coruña, animou ás alumnas a non perder a oportunidade de penetrarse e formarse nas disciplinas científicas e STEM.

Día Internacional da Muller

Natalia Barreiro, directora do Complexo de Repsol na Coruña, tivo claro desde pequena a súa vocación e paixón pola ciencia e así o trasladou durante a súa participación no Foro Mulleres Referentes organizado por Quincemil. A directora do Complexo xunto ás súas compañeiras de mesa, Lara Neira, confundadora e CEO de Nigal; Almudena Xusto Martínez, directora do Fujitsu International Quantum Center; e Inés Olmedo, responsable de Aprovisionamento de Vegalsa-Eroski, son algún dos exemplos de como o talento feminino nas empresas é unha peza crave para alcanzar a diversidade e igualdade de oportunidades.

Na actualidade, e grazas á política de igualdade impulsada por Repsol, o Complexo Industrial da Coruña conta con máis de 140 empregadas no seu persoal e os postos con responsabilidade están ocupados en máis do 50% por mulleres, todas elas talentosas, inspiradoras e con enerxía.