Sobre as 11.20 horas de hoxe produciuse un accidente laboral no que resultaron feridos dous traballadores dunha empresa auxiliar durante os traballos de Parada nunha das unidades de conversión da refinería da Coruña. O accidente non tivo ningunha afectación ao exterior.
Os feridos foron atendidos polos servizos médicos e posteriormente foron trasladados ao Hospital Universitario da Coruña (CHUAC), onde están a ser atendidos.
Repsol lamenta profundamente o sucedido e espera a pronta recuperación dos feridos. Ademais, está en permanente contacto coa empresa auxiliar, para ofrecerlles todo o seu apoio. Inmediatamente informouse ás autoridades competentes.
A compañía abriu unha investigación para aclarar as causas do accidente.