Comunicado

A Coruña, 22 de outubro 2022 12:45 horas

1 páxina

Lamentamos profundamente informar do falecemento dun traballador dunha empresa auxiliar nun accidente laboral cando estaba a realizar labores de construción nunha obra civil contratada por Repsol nas súas instalacións.

A pesar da intervención dos servizos médicos, non foi posible evitar o seu falecemento. A compañía, en nome dos seus traballadores, transmite o seu pesar aos familiares do falecido e á empresa na que traballaba.

A compañía ten aberta unha investigación e está a colaborar coas autoridades competentes para aclarar as causas do accidente laboral.