Lamentamos profundamente informar do falecemento dun dos traballadores da empresa auxiliar, contratada por Repsol para a parada programada da área de conversión da Refinería, tras o accidente laboral producido o pasado sábado.
A pesar da intervención dos servizos médicos e o seu traslado ao centro hospitalario onde permaneceu desde entón, non foi posible evitar este desenlace. A compañía, en nome dos seus traballadores, transmite o seu pesar aos familiares do falecido e á empresa na que traballaba.
Por este motivo, en sinal de duelo suspéndense os traballos de Parada e de mantemento programado durante o día de hoxe. Así mesmo, mañá mércores 30 de marzo ás 12 da mañá gardarase un minuto de silencio na refinería.
A compañía ten aberta unha investigación para aclarar as causas do accidente.