A nosa xente

O noso complexo industrial é un dos motores da economía coruñesa e galega dende que comezou a funcionar en 1964. Facilitamos aos nosos empregados un xeito de equilibrar a súa vida profesional coa súa vida persoal. 

Empregados de Repsol nunha sala de control

Comprometidos cos nosos valores

En Repsol creemos na importancia de catro alicerces básicos para o benestar dos nosos empregados: diversidade, conciliación, igualdade e integración. 

Na Refinaría da Coruña botamos a andar a experiencia piloto do teletraballo en 2010, e hoxe é xa unha realidade. Esta ferramenta permite aos nosos empregados adscritos ao programa desenvolver o seu traballo con flexibilidade, responsabilidade e eficacia. 

De feito, o noso éxito neste campo impulsounos a recoller a experiencia no Libro Branco do Teletraballo, presentado en xaneiro de 2013 polo Presidente de Repsol, Antonio Brufau, e a Ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez.

Repsol aposta polo talento e no noso Complexo Industrial A Coruña defendemos a diversidade como o medio para conseguir o mellor equipo humano posíbel. Consideramos necesario contar co maior número de puntos de vista posíbeis para axudarnos así a tomar as decisións adecuadas en todos os nosos proxectos.

+ 650

empregos directos

+ 1.000

empregos totais

+ 3.000

 empregos indirectos

Una operaria realizando trabajos de altura

Comprometidos coa nosa xente

Igualdade de xénero

Siguiendo nuestro espíritu de no discriminación y de igualdad, en Repsol también queremos apostar por la inclusión de la mujer en todos los ámbitos profesionales. Esto ha sido especialmente aplicable en los puestos de operación de las refinerías, que históricamente han sido trabajos ocupados por plantilla masculina.

 

Para conseguirlo, hemos puesto en marcha diversas campañas de sensibilización en centros educativos y foros universitarios de empleo. Como resultado el número de mujeres que han accedido al Ciclo Superior de Química Industrial ha aumentado en un 50%. A su vez también se han visto resultados en nuestra propia plantilla. 

 

El porcentaje de mujeres en nuestro Complejo Industrial subió del 2% en 1996 al 8% en 2008 y actualmente hemos alcanzado el 16%.

Programa de Integración de Persoas con Capacidades Diferentes

En 2005 impulsouse o Programa de Integración de Persoas con Capacidades Diferentes. Se está realizando grazas ao compromiso e esforzo de todos e supón a superación dun reto social e empresarial clave. Dentro do Complexo da Coruña, este programa se centra en cinco áreas principais:

  • Afloramento de discapacidade: ofrecemos un servizo de asesoramento externo gratuíto, a través da Fundación Seeliger y Conde, que informa dos pasos a seguir para obter o certificado de discapacidade. 
  • Formación: Tras cinco anos apoiando o programa emprego con apoio de Down Coruña, decidimos impulsar a formación dos seus asociados na aula de informática da súa nova sede. Ademais, creamos un programa de bolsas para estudantes de centros de Formación Profesional na Coruña e Arteixo que contempla unha cantidade para alumnos con capacidades diferentes.
  • Inserción laboral e emprego directo: o noso complexo industrial presta atención prioritaria aos centros especiais de emprego, que son unha das principais vías de acceso ao mercado laboral para as persoas con capacidades diferentes. 
  • Concienciación e sensibilización: levamos a cabo unha intensa comunicación interna de sensibilización. Ademais, dedicamos cada mes do ano a un aspecto distinto das discapacidades en diferentes ambientes, como o emprego, a formación, ou o deporte. 
  • Accións alternativas: inclúen o resto das nosas colaboracións con diferentes institucións e colectivos, dende eventos e patrocinios a xornadas específicas ou firma de convenios.
Un grupo de voluntarios traballando

Iniciativas solidarias

Tratamos de promover entre os nosos empregados todo tipo de iniciativas solidarias, dende sesións de sensibilización ata programas de voluntariado. Queremos dar exemplo e marcar unha diferenza no ámbito social. 

Impulsamos varios proxectos con participación de empregados, entre os que destacan as campañas de recollida de alimentos para a Cociña Económica e para o Banco de Alimentos; participamos na II Carreira pola Integración Enki ou na iniciativa «Súmate ao rosa», da Asociación Contra o Cancro (AECC). A todas elas súmase o voluntariado co programa Junior Achievement nos colexios da contorna que levamos realizando desde o ano 2009, co obxectivo de concienciar aos alumnos en risco de exclusión das vantaxes de continuar estudando. 

Ademais, desde 2012 os empregados poden participar na iniciativa anual «Máis que palabras» da Fundación Repsol, na que poden suxerir os seus propios proxectos sociais que promovan a mellora da calidade de vida dos colectivos vulnerábeis, fomenten a integración social e atendan necesidades sensíbeis de colectivos específicos.  

E en colaboración co Centro de Transfusión de Galicia, organizamos periodicamente xornadas de doazón de sangue na refinaría.

Dous empregados traballando con portátiles

Comprometidos coa formación

En Repsol consideramos de vital importancia o papel que desempeña a formación no desenvolvemento da nosa actividade, o que fai imprescindíbel unha maior interacción entre a formación e a compañía.