
As nosas instalacións
As nosas instalacións
A refinaría emprázase entre os municipios da Coruña e Arteixo.
Formación
Comprometidos coa formación
Para facer funcionar as nosas instalacións fai falta un persoal cualificado cun variado perfil de postos de traballo.
Este alto nivel profesional dos empregados require unha aposta ao día permanente dos coñecementos, debido á evolución tecnolóxica da industria.
Para Repsol e o seu Complexo Industrial na Coruña o papel da FP é fundamental no desenvolvemento formativo e na incorporación laboral da mocidade, sendo máis do 50% dos traballadores da refinería titulados en estudos de Formación Profesional.
Desde o ano 2003, o Complexo Industrial está involucrado na formación dos operadores de planta Química, que despois se transformou no Ciclo Superior de Química Industrial, impartido no IES A Sardiñeira da Coruña. Nesta forte aposta pola formación profesional, en 2013 Repsol incorporouse como primeira empresa na Coruña en ofertar a modalidade Dual. Desde entón, esta formación permitiu a un total de 106 alumnos do ciclo superior de Química Industrial do IES A Sardiñeira, combinar a súa aprendizaxe no centro educativo con formación e prácticas no complexo industrial.
En marzo de 2024 comezou a súa formación nas instalacións a sexta promoción desta FP Dual.
Repsol ofrece a un total de 18 novos alumnos do primeiro curso de ciclo matriculados no IES Sardiñeira da Coruña unha formación de cinco meses que supoñen aproximadamente 400 horas de prácticas na empresa.
Unha vez finalizado o período de prácticas do segundo curso os alumnos cunha avaliación satisfactoria poderán incorporarse a bolsa de emprego da enerxética, sendo a súa candidatura preferente nos procesos de selección e o índice de empregabilidade no complexo industrial coru-ñés está cifrado en máis do 90%.
Grazas a esta aposta, máis de 350 alumnos de FP de Química Industrial (común, dual e Formación en Centros de Traballo (FCT)) veñen realizando 130.000 horas de formación na refinería entre 2008 e 2024.
A FP dual supón, ademais dun beneficio engadido para os estudantes, unha oportunidade para as empresas, xa que, desta forma, a compañía pode formar a futuros profesionais, dándolles coñecementos específicos axustados ás necesidades reais.
As nosas instalacións
A refinaría emprázase entre os municipios da Coruña e Arteixo.
Equipo humano
O noso complexo industrial é un dos motores da economía coruñesa