Eficiencia enerxética

Utilizamos só aquela enerxía que realmente necesitemos

A eficiencia enerxética é para Repsol unha das vías con maior potencial para mitigar as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI). O uso eficiente da enerxía permítenos utilizar menos recursos obtendo os mesmos resultados. No noso caso, conseguímolo coa mellora dos procesos, a optimización diaria, a reciclaxe, o uso de combustible con menos contido en carbono e un consumo intelixente.

Vista panorámica da refinaría da Coruña

A Refinería da Coruña reduce máis de 20 000 toneladas de CO2 en 2019

Repsol ten como un dos obxectivos prioritario, a redución de gases de efecto invernadoiro, en consonancia cos acordos de París.  En 2019 a Refinaría conseguiu chegar a unha cifra de redución do 35 % das emisións respecto a os niveis de 2005.

En concreto durante 2019 reducimos máis de 20 000 toneladas de CO2 que se certificarán proximamente segundo a norma ISO14064. As accións de redución desenvolvéronse en tres liñas principais: implantación de melloras operativas, execución de novos investimentos e outras accións relacionadas co procesamento de biocombustíbeis. 

Para este ano 2020 espérase alcanzar unha redución do 10 % das emisións de 2014. E unha previsión cuantificada de 27 805 t/CO2. Neste sentido, durante o primeiro trimestre de 2020 están a levarse a cabo tres grandes proxectos de innovación medioambiental e de eficiencia enerxética, que contan cun orzamento de 43 millóns de euros. 

Coas actuacións previstas reduciranse as emisións á atmosfera e conseguirase unha mellora da eficiencia enerxética coa introdución de novos equipos e a modificación dos existentes, así como a incorporación de melloras tecnolóxicas na planta. Todo iso permitirá un aforro de combustíbel e unha redución das emisións de CO2 de máis de 18 000 toneladas/ano.

Empregados do complexo de Puertollano en oficinas

Plan 25/25

O seguinte reto será a redución no ano 2025 do 25 % das emisións de 2017 que está fixada en 276 000 tCO2/ano. 

As principais liñas de actuación céntranse na mellora da eficiencia (electrificación, simplificación de unidades e redes, aproveitamento de enerxía, integración coa contorna e optimización de fuel gas, vapor e H2.) e nos novos procesos e tecnoloxías.

Queremos ser unha compañía cero emisións netas en 2050.

Somos a primeira compañía en asumir o compromiso de alcanzar cero emisións netas en 2050, en consonancia cos obxectivos do Cume de París e os de Desenvolvemento Sostíbel de Nacións Unidas. Ao mesmo tempo, fixámonos unha senda de descarbonización con obxectivos intermedios de 2020 a 2040. Temos novas metas de redución do noso indicador de intensidade de carbono sobre a base do ano 2016: do 10 % en 2025, do 20 % en 2030 e do 40 % en 2040, para avanzar cara ás cero emisións netas de CO2 no ano 2050. 

Aínda que a eficiencia enerxética estivo sempre presente nos nosos proxectos, nos últimos anos quixemos dar un paso máis impulsando plans e obxectivos máis ambiciosos para reducir a intensidade enerxética e de carbono nas nosas operacións.